Alumnos e alumnas do CPI de Zas, do CEIP Labarta Pose e do IES Maximino Romero de Lema visitaron este venres, 11 de novembro, as Torres do Allo para participar nunha visita guiada teatralizada.
Os membros da compañía Os Quinquilláns foron os encargados de darlle vida a Francisca Rioboo e a Víctor López Seoane para que os escolares coñecesen un pouco máis da historia do pazo.
Esta actividade enmárcase dentro do porgrama de divulgación “Pazos da Terra” posto en marcha este verán pola concellería de Cultura de Zas, e no que xa participaron máis de 400 persoas.