Entrega_firmas_non_peche_abanca

Entregadas 5.500 firmas para esixir a Abanca que non peche as oficinas de Zas, Baíñas e A Baña

  • Os tres rexedores destes concellos presentaron esta mañá as peticións na sede da entidade bancaria na Coruña 
  • Anunciaron que continuarán coas accións conxuntas despois de Víctor Esmorís, xefe de zona de Abanca, lles comunicara a decisión unilateral da empresa de pechar mañá estas tres oficinas

 

 

Máis de 5.500 persoas firmaron nas follas habilitadas para tal fin para esixirlle a Abanca que non peche as oficinas de Zas, Baíñas e A Baña. As peticións promovidas polo Concello de Zas, o Concello de Vimianzo e o Concello de A Baña entregáronse esta mañá na sede central de Abanca na Coruña por Manuel Muíño (alcalde de Zas), Mónica Rodríguez (alcaldesa de Vimianzo) e José Antonio Pereira (alcalde de A Baña). 

Os tres rexedores anunciaron que continuarán realizando accións conxuntas despois de que Víctor Esmorís, xefe de zona de Abanca, lles confirmase a decisión unilateral da empresa de pechar mañá, 8 de setembro, as oficinas de Zas, Baíñas e A Baña. Neste sentido nos vindeiros días establecerase unha nova liña de accións conxuntas debido a que estes peches que afectan directamente a uns 10.000 veciños e veciñas da zona.

Dende o momento en que coñeceron a decisión, os rexedores destes tres municipios trazaron unha serie de accións conxuntas para evitar estes peches. Ata o momento solicitaron unha reunión co presidente da Xunta de Galicia, reuníronse co presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias – FEGAMP -, promoveron unha concentración no mesmo día e á mesma hora diante de cada unha destas oficinas e convocaron unha manifestación diante da sede de Abanca na Coruña á que acudiron máis de 500 veciñas e veciños afectados. 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

19 junio, 2026
Un total de 124 nenos e nenas participarán nos Campamentos de Verán 2026 organizados polo Concello de Zas, unha cifra que confirma...
12 junio, 2026
Os alcaldes de Cabana de Bergantiños, Laxe e Zas manterán a vindeira semana unha reunión de traballo co obxectivo de coordinar pos...
10 junio, 2026
O alcalde de Zas, Manuel Muíño, e a concelleira de Educación, Pilar García, mantiveron unha reunión de traballo coas ANPAs do CEIP...
7 junio, 2026
O Concello e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos celebraron onte unha reunión informativa cos veciños de Fornelos para ana...
6 junio, 2026
A Casa do Concello de Zas acolleu esta tarde a presentación oficial da 57ª edición de Feirauto, un dos eventos máis consolidados d...
6 junio, 2026
O Concello de Zas acollerá o domingo, 14 de xuño, a XVII Concentración de Motos Antigas de Zas, unha cita xa consolidada no calend...