presentacion-antoloxia-poetica-enrique-labarta-pose

Enrique Labarta Pose volve as librarias e as bibliotecas coa publicación da súa «Antoloxía Poética»

O libro, editado por Xosé María Rei Lema e Xosé Manuel Varela, foi publicado pola Editorial Galaxia en colaboración co Concello de Zas

O pasado sábado presentouse no Auditorio de Baio a «Antoloxía Poética» de Enrique Labarta Pose nun acto que reuniu unha gran representación social e política de toda a comarca.
Con este libro, que recolle 40 poemas máis relevantes da súa obra, «Labarta volve as librarías e as bibliotecas»; sinalou Xosé María Rei Lema que xunto con Xosé Manuel Varela Varela se encargaron da súa edición. A obra foi publicada pola Editorial Galaxia grazas a un convenio de colaboración co Concello de Zas.
Para Manuel Muíño, Alcalde de Zas, este é un paso máis dos moitos que se levan dados para difundir a vida e obra do polifacético escritor e co se sobe un chanzo para que se lle adique o seu Día das Letras Galegas. Unha loita «que comezou aló polos anos 90», tal e como sinalou Xosé Manuel Varela Varela dende a posta en marcha da Comisión Enrique Labarta Pose. Á presentación do libro tamén acudiu Xesús Domínguez, director de produccións da Editorial Galaxia, que definiu a Labarta como «un avogado que quixo vivir das letras». Entre o público que asistiu á presentación do libro estaba Ángel Labarta, veciño de Noia e familiar do escritor.
A «Antoloxía Poética» de Enrique Labarta Pose está dispoñible para préstamo en calquera das Bibliotecas Municipais do Concello de Zas e tamén se pode adquirir nas diferentes librarías da zona.
Comparte en redes

Últimas novas publicadas

30 julio, 2026
O Concello de Zas organiza o próximo 13 de agosto, xoves, unha actividade que xa é un clásico dentro da programación do verán na C...
28 julio, 2026
O Concello de Zas volverá converter a primeira semana de agosto nunha gran festa da cultura. Entre o 3 e o 7 de agosto, o municipi...
15 julio, 2026
UFD Informa: Estimado/a Señor/a Con el fin de efectuar los trabajos de mantenimiento y desarrollo de la red eléctrica precisos ...
9 julio, 2026
Os alcaldes Cabana de Bergantiños, José Muíño; de Laxe, Francisco Charlín; e de Zas, Manuel Muíño, mantiveron unha reunión co dire...
7 julio, 2026
O Concello de Zas iniciou as obras de consolidación da calzada romana de Brandomil, unha nova actuación encamiñada á conservación ...
1 julio, 2026
Os concellos de Zas, Laxe e Cabana de Bergantiños veñen de presentar de forma simultánea e coordinada un recurso de reposición con...
Logo concello de zas colorido
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.