Zas_en_igualdade_2021

Chega aos centros educativo o xogo «Zas en Igualdade»

Esta é unha actividade que forma parte do Programa de Sensibilización, Información e Difusión sobre Igualdade e Prevención da Violencia contra as Mulleres 

O Concello de Zas vén de poñer en marcha un novo xogo educativo bautizado como «Zas en igualdade» e co que se pretende, por unha parte, fomentar a igualdade e, por outra, dar a coñecer o noso municipio. Esta é unha actividade que forma parte do Programa de Sensibilización, Información e Difusión sobre Igualdade e Prevención da Violencia contra as Mulleres da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.

O xogo repartirase nos distintos centros educativos do noso municipio e nas bibiliotecas municipais de Zas. A modo de «Trivial», o xogo componse dun taboleiro cunha ruta a seguir polos diferentes persoas que xogan. A maior parte das preguntas corresponden á cor lila e están relacionadas coa igualdade. As outras cores están relacionadas con distintos temas sobre o Concello de Zas: historia, patrimonio. natureza,… Hai varios graos de dificultade en función da idade e a través deste preténdese fomentar a reflexión individual e colectiva ao redor de situacións que provocan desigualdade na vida cotiá das persoas e dar as ferramentas para evitalas. Paralelamente trabállanse contidos xerias de forma que as nenas e nenos participantes adquiran un sentido de pertenza á comunidade dende idades temperás.

«Zas en igualdade» é un xogo ideal para xogar en familia e co que os participantes se poñerán a proba sobre a igualdade, mulleres que destacaron na historia, feminismo, acoso, estereotipos, datas conmemorativas, cultura e xeografía e patrimonio do Concello de Zas. 

 

O material elaborouse grazas á colaboración da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e co financiamento do Pacto do Estado ó Centro de Información á Muller – CIM – do Concello de Zas.  

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

1 marzo, 2026
O Concello de Zas organiza un compendio de actividades nos centros educativos da localidade no marco da conmemoración do 8M, Día I...
26 febrero, 2026
O Centro Sociocultural de Zas acollerá o vindeiro venres, 6 de marzo, a partir das 12:00 h, o presentación da campaña contra a ves...
25 febrero, 2026
O Centro Sociocultural de Baio acollerá o vindeiro sábado, 28 de febreiro, ás 18:30 h, a inauguración da mostra fotográfica e de p...
18 febrero, 2026
O Concello de Zas celebrou un ano máis o Entroido cunha ampla programación lúdica e cultural dirixida a todos os públicos, na que ...
17 febrero, 2026
O Concello de Zas vén de poñer en marcha un Directorio Empresarial dentro da renovada páxina web municipal, unha iniciativa estrat...
15 febrero, 2026
Máis dun centenar de veciños e veciñas do concello de Zas acudiron á reunión convocada polo goberno municipal e deixaron clara a s...
Logo concello de zas colorido
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.