Zas_en_igualdade_2021

Chega aos centros educativo o xogo “Zas en Igualdade”

Esta é unha actividade que forma parte do Programa de Sensibilización, Información e Difusión sobre Igualdade e Prevención da Violencia contra as Mulleres 

O Concello de Zas vén de poñer en marcha un novo xogo educativo bautizado como “Zas en igualdade” e co que se pretende, por unha parte, fomentar a igualdade e, por outra, dar a coñecer o noso municipio. Esta é unha actividade que forma parte do Programa de Sensibilización, Información e Difusión sobre Igualdade e Prevención da Violencia contra as Mulleres da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.

O xogo repartirase nos distintos centros educativos do noso municipio e nas bibiliotecas municipais de Zas. A modo de “Trivial”, o xogo componse dun taboleiro cunha ruta a seguir polos diferentes persoas que xogan. A maior parte das preguntas corresponden á cor lila e están relacionadas coa igualdade. As outras cores están relacionadas con distintos temas sobre o Concello de Zas: historia, patrimonio. natureza,… Hai varios graos de dificultade en función da idade e a través deste preténdese fomentar a reflexión individual e colectiva ao redor de situacións que provocan desigualdade na vida cotiá das persoas e dar as ferramentas para evitalas. Paralelamente trabállanse contidos xerias de forma que as nenas e nenos participantes adquiran un sentido de pertenza á comunidade dende idades temperás.

“Zas en igualdade” é un xogo ideal para xogar en familia e co que os participantes se poñerán a proba sobre a igualdade, mulleres que destacaron na historia, feminismo, acoso, estereotipos, datas conmemorativas, cultura e xeografía e patrimonio do Concello de Zas. 

 

O material elaborouse grazas á colaboración da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e co financiamento do Pacto do Estado ó Centro de Información á Muller – CIM – do Concello de Zas.  

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

28 July, 2026
O Concello de Zas volverá converter a primeira semana de agosto nunha gran festa da cultura. Entre o 3 e o 7 de agosto, o municipi...
15 July, 2026
UFD Informa: Estimado/a Señor/a Con el fin de efectuar los trabajos de mantenimiento y desarrollo de la red eléctrica precisos ...
9 July, 2026
Os alcaldes Cabana de Bergantiños, José Muíño; de Laxe, Francisco Charlín; e de Zas, Manuel Muíño, mantiveron unha reunión co dire...
7 July, 2026
O Concello de Zas iniciou as obras de consolidación da calzada romana de Brandomil, unha nova actuación encamiñada á conservación ...
1 July, 2026
Os concellos de Zas, Laxe e Cabana de Bergantiños veñen de presentar de forma simultánea e coordinada un recurso de reposición con...
26 June, 2026
O Concello de Zas e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos recolleron máis de 1.200 recursos de reposición nos que se solicit...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.