O xoves 22 de outubro celebrarase a retrospectiva dedicada a Dygra Films, pioneira da animación 3D en Europa, coa proxección de ‘Taxia’ e ‘El bufón y la infanta’, nunha sesión que contará coa presenza de Manolo Gómez, fundador do histórico estudo galego. Será no Local Fouciño a partir das 20:00 horas.