DeporCampus_ConcellodeZas_2021

Zas repite por cuarto ano consecutivo como sede dun DéporCampus Cabreiroá

Esta é unha actividade dirixidaa a nenos e nenas de 6 a 14 anos e que terá lugar do 19 ao 23 de xullo no Campo Municipal Platas Reinoso de Baio

Un ano máis, e xa van catro, o Campo Municipal Platas Reinoso de Baio acollerá unha nova edición dun dos DéporCampus Cabreiroá que organiza o Real Club Deportivo da Coruña en diferentes localidades da provincia.

«A de Zas foi unha das sedes que tivo maior éxito o verán pasano no que participaron máis de 40 nenos e nenas da zona», sinalou Pablo Barros, director das actividades formativas da Fundación RC Deportivo, durante a presentación do evento que tivo lugar o pasado venres no Salón de Plenos do Concello de Zas e ao que asistirón tamén Manuel Muíño Espasandín, Alcalde de Zas; e Óscar Lema Romero, Tenente de Alcalde.

A actividade, que terá lugar do 19 ao 23 de xullo, está destinada a nenos e nenas desde os 6 aos 14 anos e terá un horario de 10:00 a 14:00 horas.

Os interesados poden consultar toda a información da sede de Zas e realizar o proceso de inscrición até as 12:00 do xoves día 15 de xullo nesta ligazón.

Para calquera dúbida ou consulta coa súa inscrición, os interesados poden contactar directamente coa organización na dirección de correo electrónico deporcampus@rcdeportivo.es.

 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

18 octubre, 2026
O Concello de Zas porá o broche final á programación do ciclo ‘Afiando Fouciños’ o vindeiro domingo, 18 de outubro, coa proxección...
9 octubre, 2026
O Concello de Zas oponse á decisión do Instituto Nacional de Estatística (INE) de fusionar as mesas electorais da parroquia de Muí...
6 octubre, 2026
O Centro Sociocultural de Baio inaugurou esta fin de semana unha nova tempada de exposicións despois do parón habitual durante os ...
1 octubre, 2026
O ciclo ‘Afiando Fouciños’ continuará este venres 2 de outubro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Zas, cunha nova sesión dedicada ao...
30 septiembre, 2026
O Concello de Zas retoma, despois do parón do verán, a programación de exposicións do Centro Sociocultural de Baio cunha mostra fo...
23 septiembre, 2026
O ciclo Afiando Fouciños, creado este ano como antesala dos VI Premios Fouciño, botará a andar este sábado 26 de setembro, ás 19:0...
Logo concello de zas colorido
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.