semana_cultural_concello_zas_2019

Chega unha nova edición da Semana Cultural cargada de actividades para todos os públicos

Teatro, rutas, monólogos, música, obradoiros, exposicións e literatura forman parte da programación que arranca este domingo e culmina coa XXXVI Festa da Carballeira

 

Como vén sendo habitual nos últimos anos, a Festa da Carballeira traénos unha nova edición da Semana Cultural organizada polo Concello de Zas. A programación, que arranca o próximo domingo día 28 e culmina coa XXXVI Festa da Carballeira, chega con actividades gratuítas para todas as idades e para todos os públicos.

Durante estes 7 días teremos espectáculos e actuacións de primeira liña, diferentes obradoiros, música, literatura e ademais o noso patrimonio será un dos protagonistas. O encargado de poñer en marcha este completo programa será o grupo Sen Tempo Teatro da Escola Municipal de Teatro para Adultos do Concello de Zas coa súa obra “Cartos non hai”. A cita é o próximo domingo, 28 de xullo, ás 21:00 horas no Auditorio do Concello.

E xa o luns, 29 de xullo, arranca de cheo a programación que se desenvolverá principalmente no Centro Sociocultural de Zas. As propostas para o público infantil son moi variadas e que van dende a música ata os obradoiros. “Ioga-música” con Lydia Botana; o contacontos teatral “Avós” de Trinke Trinke Teatro; “A maxia da nosas letras” co Mago Teo ou “A maxia dos contos” con Ian&Elisa son algúns dos espectáculos que teremos ao longo da semana. Pero os máis novos tamén terán tempo para aprender e para poñer a súa creatividade a voar cos distintos obradoiros nos que afondaremos sobre temáticas tan variadas como os foguetes, doces e lambetadas saudables, complementos celtas ou a música e o baile tradicional.

A literatura terá tamén un espazo especial dentro da programación da Semana Cultural. A primeira das presentacións chega en clave feminina e vén da man da autora baiesa Carmen Valiña co seu libro “Emigración na Comarca de Soneira”. A cita é luns, 29 de xullo, ás 19:00 horas e, a continuación, o alumnado do CPI de Zas presentarán os seus traballos “Feminismo é Igualdade” e “Adolescentes en rebeldía”. O mércores, 31 de xullo, haberá unha nova presentación literaria a cargo do físico, tamén baiés, Jorge Mira. “Stephen Hawking. Unha breve historia do tempo” é o título do libro traducido por el mesmo.  Mofa e Befa, Oswaldo Digón e Malasombra Teatro tamén visitarán Zas durante a Semana Cultural para traernos algúns dos seus mellores espectáculos dirixidos principalmente ao público adulto.

Roteiros

Pero como sinalabamos ao inicio, o noso patrimonio terá un protagonismo especial dentro Semana Cultural e será a través das dúas rutas guiadas. O primeiro dos roteiros realizármolo a tarde do martes, 30 de xullo, e visitaremos lugares tan emblemáticos do noso municipio como a carballeira de Baio, Pedra Vixía e as Torres do Allo nos que termos a oportunidade de coñecer o valor do noso “Patrimonio natural, etnográfico e arqueolóxico” coas explicacións de Xosé María Lema. E xa o mércores, día 31, ás 22:00 horas será de novo Jorge Mira quen nos guíe “Unha ollada ao firmamento” que realizaremos dende a Arca da Piosa. Para participar en calquera das dúas rutas é necesario anotarse previamente no propio Centro Sociocultural de Zas ou a través do número de teléfono 981 751 398.

Tamén como vén sendo habitual, o Centro Sociocultural de Zas acolle durante este días diferentes exposicións que se poden visitar de balde. Así, as distintas aulas acollerán unha mostra sobre o traxe tradicional da Terra de Soneira, os traballos realizados polo alumnado cos cursos municipais de calceta, bordado e macramé e unha selección de elementos relacionados coas diferentes edicións da Festa da Carballeira.  

Festa da Carballeira

A programación da Semana Cultural pecharase o coa XXXVI edición da Festa da Carballeira na que contaremos con artistas de primeiro nivel nacional e internacional como Susana Seivane, Tanxugueiras, Korrontzi, Celtic Social Club,…. As entradas para o festival xa están á venta a través da páxina web www.festadacarballeira.com e co fin de que toda a veciñanza participe neste evento o Concello de Zas pon a disposición de cada vivenda dúas invitacións para acceder de forma gratuíta ao festival.  As entradas poderán retirarse nas oficinas municipais ata o 2 de agosto.

 

 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 marzo, 2026
O Concello de Zas presentou hoxe, sábado 14 de marzo, a programación cultural das Torres do Allo para o ano 2026, unha proposta qu...
14 marzo, 2026
O Concello de Zas aprobou definitivamente a Relación de Postos de Traballo (RPT) do persoal municipal, un documento clave para a o...
10 marzo, 2026
O Concello de Zas abre o prazo de inscrición para participar na IX Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”, unha cita cultural...
1 marzo, 2026
O Concello de Zas organiza un compendio de actividades nos centros educativos da localidade no marco da conmemoración do 8M, Día I...
26 febrero, 2026
O Centro Sociocultural de Zas acollerá o vindeiro venres, 6 de marzo, a partir das 12:00 h, o presentación da campaña contra a ves...
25 febrero, 2026
O Centro Sociocultural de Baio acollerá o vindeiro sábado, 28 de febreiro, ás 18:30 h, a inauguración da mostra fotográfica e de p...
Logo concello de zas colorido
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.