Dende o 24 de febreiro ata o 12 de marzo, co patrocinio da Deputación da Coruña.
O Concello de Zas co patrocinio da Deputación da Coruña, acollerá dende o 24 de febreiro ata o 12 de marzo a EXPOSICIÓN «FOTOXORNALISMO CORUÑA 2015» no Centro Sociocultural de Zas.
Horario: de 10.00h a 14.00h.
Entrada de balde.
Trátase dun evento fotográfico que mostra o traballo dos/as profesionais da imaxe que traballan en xornais, revistas, axencias e gabinetes de comunicación da cidade herculina, a través de 23 instantáneas que amosan o extraordinario nivel dos/as profesionais do fotoxornalismo na provincia da Coruña.