Co gallo do 180º aniversario do nacemento da escritora, Rosalía de Castro, que se celebra cada 24 de febreiro, o Concello de Zas por medio da Concellaría de Cultura convida ao alumnado de Educación Primaria a viaxar dunha forma amena e didáctica pola vida e obra da autora.
Co gallo do 180º aniversario do nacemento da escritora máis insigne das Letras Galegas, Rosalía de Castro, que se celebra cada 24 de febreiro, o Concello de Zas por medio da Concellaría de Cultura convida ao alumnado de Educación Primaria a viaxar dunha forma amena e didáctica pola vida e obra da autora.
ACTIVIDADE: «Achegándonos a Rosalia«, charla dramatizada arredor de 5 escenas ou actos de adaptacións de poemas Rosalianos: «Conto de Vidal»,»A pobriña que está xorda», «Emigración ás Américas», «As segas de Castela», «A muller traballadora-Rosalía como escritora». Despois do desenvolvemento das escenas, o alumnado poderá preguntar sobre cousas de Rosalía e o seu significado, tamén a súa relación co teatro, que non era pouca..
Adaptación, interpretación e dirección: Tero Rodríguez e Lucho Penabade (Os Quinquilláns Teatro)
DATA: Mércores, 22 de febreiro de 2017
PARTICIPANTES: Alumnado de Educación Primaria
HORARIOS:
- 10:00h. CPI de Zas
- 12:30h. CEIP Labarta Pose de Baio
MÁIS INFORMACIÓN:
Concelleiro de Cultura (670.521.212)