I CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE ZAS

Domingo de atletismo o que se viviu onte en Zas coa celebración da I CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE ZAS. Uns 300 atletas participaron na proba, nunha mañán soleada, e cunha temperatura perfecta para a práctica deportiva.

Ás 9.45h arrancaba a primeira das probas, correspondente ás categorías Infantil e Cadete, que debían percorrer unha distancia de 2700m..

Media hora máis tarde,(10.45h) tomaban a saída os participantes en categoría Xuvenil e Absoluta 5K, que percorrerían5 km.

Os horarios establecidos pola organización cumplíronse con puntualidade, e ás 11.00h, o alcalde de Zas, Manuel Muíño, daba o pistoletazo de saída á proba de 10km., na que resultou vencedor Cristian Muíño Varela (Coristanco), seguido por Alberto Carou Carril (Bertamiráns)e en terceira posición, por Luís Miguel Antelo Lema (Vimianzo).

En categoría femenina, a vencedora na proba 10K foi Eva Mª Portas Lemus ( A Coruña), en segundo lugar quedou Belén Pérez Martínez (Cee) e cruzou a liña de meta en terceiro lugar Carmen García García (Zas)

Completaron a xornada os máis pequenos, tomando a saída ás 12.15h os Benxamíns e Alevíns, que percorreron unha distancia aproximada de1 km. polas rúas da capital municipal ata atravesar a liña de meta situada na praza do Concello.

Finalizou a mañán ás 12.30h. coa última das probas, a que máis ilusión e berros de ánimo provocou entre os asistentes; os participantes en categoría Pitufo completaron unha distancia de 300m. ata atravesar aliña de meta, situada na Praza do Concello.

A proba estivo perfectamente organizada, gracias á colaboración dos voluntarios, e controlada en todo momento por efectivos de Protección Civil dos Concellos de Zas, Cabana, Vimianzo e Coristanco.

RESULTADOS:
Benxamín Mixto:
1º YERIK ISHAK PEDREIRA (Vimianzo)
2º LUCÍA ROGET BLANCO (Vimianzo)
3º MICHAEL RAMOS SOUSA (Zas)

Alevín Masculino:
1º David Villaverde Ameijeiras (Vimianzo)
2º Samuel Canosa Lojo (Cee)
3º Damián Castro Hermida (Vimianzo)

Alevín Femenino:
1º María Villaverde Ameijeiras (Vimanzo)
2º Lucía Suárez Rodríguez (Cee)
3º Ana Oca Vázquez (Cee)

Infantil Masculino:
1º Javi Rodríguez Castro (Cee)
2º José Antonio Romar Bouzas (Camariñas)
3º Andrés Mourelle García (Zas)

Infantil Femenino:
1ª Elena Carreirra Santabaya (Dumbría)
2ª Marta Souto Vizoso (Cee)
3ª Érica Domínguez Pais (Dumbría)

Cadete Masculino:
1º Brais Lago Trillo (Carnota)
2º Anxo Vigueret Santabaya (Zas)
3º Elian Numa López Iglesias (Cee)

Cadete Femenino:
1ª Andrea Domínguez Calviño (Vimanzo)
2ª Carmen Gloria Cernadas Lema (Zas)

Xuvenil Masculino:
1º Pablo Barreira Varela (Malpica)

Absoluta 5K Masculino:
1º Amador Pena Torreira (Santiago de Compostela)
2º Damián Espasandín Lema (Vimianzo)
3º Pablo Mira Pérez (Zas)

Absoluta 5K Femenino:
1ª Victoria Fernández García ( Vimianzo)
2ª Estefanía Mourelle García (Zas)
3ª Ana Isabel Costa Montes)

10K Senior Masculino:
1º Cristian Muíño Varela (coristanco)
2º Alberto Carou Carril (Ames)
3º Luís Miguel Antelo Lema (Vimianzo)

10K Senior Femenino:
1ª Eva Mª Portas Lemus (A Coruña)
2ª Belén Pérez Martínez (Cee)
3ª Lorena Fernández Blanco (Zas)

10K Veteranos M40 Masculino:
1º José Manuel Lago Ces (Corcubión)
2º Arturo Pasantes Vidal ((Cee)
3º Pedro Pacho gonzález Lago (Carballo)

10K Veteranas M40 Femenino:
1ª Ana Mª Mallo Domínguez (Ames)
2ª Marta Mª Cruz Añón (Muros)
3ª Mª Luz Rodríguez García (A Coruña)

10K Veteranos M50 Masculino:
1º José Suárez leis (A Baña)
2º José M. Rodríguez Tajes (Camariñas)
3º José M. Romero Olveira (Pobra do Caramiñal)

10K Veteranas M50 Femenino:
1ª Carmen García García (Zas)
2ª Araceli Veiga Bermejo (A Coruña)

Absoluta 10K Masculino:
1º Cristian Muíño Varela ( Coristanco)
2º Alberto Carou Carril (Ames)
3º Luís Miguel Antelo Lema (Vimianzo)

Absoluta 10K Femenino:
1ª Eva María Portas Lemus (A Coruña)
2ª Belén Pérez Martínez (Cee)
3ª Carmen García García (Zas)

Primeiros Clasificados do Concello de Zas:

César Vázquez Agra
Carmen García García

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

20 agosto, 2026
O Parque Científico e Tecnolóxico da Costa da Morte, impulsado integramente polo Concello de Zas, acaba de superar o proceso de av...
17 agosto, 2026
O Concello de Zas celebrará o domingo 30 de agosto unha nova edición do Mercado de Artesanía de San Ramón, que terá como escenario...
14 agosto, 2026
O Concello de Zas rematou as obras de consolidación e posta en valor do Camiño Real, antiga calzada romana de Brandomil, nunha int...
11 agosto, 2026
O Concello de Zas lembra que remata o prazo para anotarse na actividade ‘Mirada ao firmamento dende o pasado’, que se celebrará es...
30 julio, 2026
O Concello de Zas organiza o próximo 13 de agosto, xoves, unha actividade que xa é un clásico dentro da programación do verán na C...
28 julio, 2026
O Concello de Zas volverá converter a primeira semana de agosto nunha gran festa da cultura. Entre o 3 e o 7 de agosto, o municipi...
Logo concello de zas colorido
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.