O Concello de Zas acolle, ata o día 2 de abril, a exposición itinerante da Deputación da Coruña titulada «Rodando. Un percorrido pola historia do cine».
Os contidos desta exposición están adaptados para que todos os públicos gocen descubrindo a evolución da linguaxe cinematográfica, facendo mención especial á historia do cine español e galego.
Pódese visitar no Auditorio do Concello de 11:00 a 13:30 horas.
Achegádevos!