A oferta cultural do Concello inclúe esta semana a representación da obra teatral «Casado de día, solteiro de noite». A función terá lugar o sábado 17 de novembro no Auditorio de Baio e corre a cargo da compañía de teatro Teruca Bouza.
Ademais a entrada é gratuita, así que non hai excusa para perderse un espectáculo que promete un bo rato de risas.