zas-reunion-escola-infantil-zas

O Concello de Zas investiu máis de 400.000 euros nas obras de mellora do interior e exterior do edicifio da Escola Infantil

O Alcalde, Manuel Muíño; o Tenente de Alcalde, José Manuel Brenlla; e o Director de Obra, Fernando Garrido; mantiveron esta mañá un encontro cos pais e nais dos usuarios/as para informalos sobre o estado dos traballos actuais

 

O Alcalde de Zas, Manuel Muíño; o Tenente de Alcalde, José Manuel Brenlla;  e o Director de Obra, Fernando Garrido; mantiveron onte un encontro cos pais e nais dos nenos e nenas matriculados na Escola Infantil de Zas para o curso 2025-2026. 

Durante a xuntanza informáronos sobre os traballos que se están a realizar actualmente no exterior e interior do edificio que teñen como obxectivo principal a mellora da eficiencia enerxética coas que se mellorarán tamén o confort e a habitabilidade do mesmo. “Para o noso equipo de Goberno é unha prioridade a mellora dos servizos e estas eran unha obras moi necesarias que nos outorgarán unhas instalacións de primeiro nivel”, destaca o Alcalde. “Grazas a esta reforma e modernización a Escola Infantil de Zas é unha das máis modernas e eficientes enerxeticamente da Costa da Morte”, sinala Muíño.

As obras, que comezaron no mes de agosto (aproveitando que o centro estivo pechado polas vacacións de verán) e que continuarán durante as vindeiras semanas, consistiron principalmente na renovación das fachadas – que se aillaron co sistema SATE -, da carpintería metálica e da cuberta. Ademáis instalouse un sistema de calefacción aerotérmico co que se reducirá notablemente o consumo enerxético do edificio e gañarase en confort.

O Concello de Zas destinou un total de 231.213,71€ a estes traballos e que se suman os traballos realizados no anos 2022 que permitiron aumentar o número de plazas coa creación de novos espazos (tales como unha cociña) e a instalación dun ascensor. 

Actualmente están cubertas todas as demandas de praza e durante este curso 2025-2026 uns 40 nenos e nenas de 0 a 3 anos do noso municipio e doutros limítrofes farán uso da Escola Infantil de Zas integrada na rede pública de A Galiña Azul.   

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 marzo, 2026
O Concello de Zas presentou hoxe, sábado 14 de marzo, a programación cultural das Torres do Allo para o ano 2026, unha proposta qu...
14 marzo, 2026
O Concello de Zas aprobou definitivamente a Relación de Postos de Traballo (RPT) do persoal municipal, un documento clave para a o...
10 marzo, 2026
O Concello de Zas abre o prazo de inscrición para participar na IX Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”, unha cita cultural...
1 marzo, 2026
O Concello de Zas organiza un compendio de actividades nos centros educativos da localidade no marco da conmemoración do 8M, Día I...
26 febrero, 2026
O Centro Sociocultural de Zas acollerá o vindeiro venres, 6 de marzo, a partir das 12:00 h, o presentación da campaña contra a ves...
25 febrero, 2026
O Centro Sociocultural de Baio acollerá o vindeiro sábado, 28 de febreiro, ás 18:30 h, a inauguración da mostra fotográfica e de p...
Logo concello de zas colorido
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.