concello-zas-clubs-lectura

O Concello de Zas lanza unha nova proposta cultural coa creación de dous clubs de lectura: un para adultos e outro infantil

Realizaranse xuntanzas mensuais que terán lugar na Axencia de Lectura de Baio

 

O Concello de Zas lanza unha nova proposta cultural coa creación dun club de lectura para adultos e outro infantil. “Esta iniciativa nace coa idea de fomentar a lectura entre a nosa veciñanza e tamén para a creación dun novo espazo para o encontro social arredor dos libros”, sinala o Alcalde de Zas, Manuel Muíño. Estes son uns dos primeiros clubs municipais da comarca. 

Realizaranse reunións mensuais ao longo de todo o curso 2025-2026 e este será un punto de encontro para as persoas participantes no que poderán compartir as súas impresións, intercambiar opinións e crear novas comunidades a través da cultura.

O Club de Lectura de adultos está aberto a toda a veciñanza e está previsto facer unha xuntanza o segundo xoves de cada mes ás 19:00 horas na Axencia de Lectura de Baio. 

Para a rapazada de 8 a 11 anos creamos o Club de Lectura infantil “Papapáxinas” que se reunirá os xoves cada tres semanas de 17:00 a 18:00 horas na Axencia de Lectura de Baio.

Inscricións

Estes clubs de lectura poranse en marcha proximamente e para participar é necesario anotarse previamente no Centro Sociocultural de Baio ou ben a través de calquera destes números de teléfono 981 718 056 / 981 708 303. A inscrición é gratuíta.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

19 junio, 2026
Un total de 124 nenos e nenas participarán nos Campamentos de Verán 2026 organizados polo Concello de Zas, unha cifra que confirma...
12 junio, 2026
Os alcaldes de Cabana de Bergantiños, Laxe e Zas manterán a vindeira semana unha reunión de traballo co obxectivo de coordinar pos...
10 junio, 2026
O alcalde de Zas, Manuel Muíño, e a concelleira de Educación, Pilar García, mantiveron unha reunión de traballo coas ANPAs do CEIP...
7 junio, 2026
O Concello e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos celebraron onte unha reunión informativa cos veciños de Fornelos para ana...
6 junio, 2026
A Casa do Concello de Zas acolleu esta tarde a presentación oficial da 57ª edición de Feirauto, un dos eventos máis consolidados d...
6 junio, 2026
O Concello de Zas acollerá o domingo, 14 de xuño, a XVII Concentración de Motos Antigas de Zas, unha cita xa consolidada no calend...