Manuel-Muino-Alcalde-Zas-Rolda-Prensa-12.03.2025_2

Un estudo revela unha baixa contaminación por nitratos nas augas do Concello de Zas

“Antes de nada queremos que quede claro o compromiso do noso Goberno co medio ambiente e unha mostra diso é o bo estado de conservación no que se atopan os nosos ríos”, destacou onte o Alcalde de Zas, Manuel Muíño, durante a rolda de prensa que ofreceu para explicar as xestións realizadas con respecto a proposta de declarar ao municipio de Zas como Zona Vulnerable á Contaminación por Nitratos (ZVN).

Estas foron as principais xestións levadas a cabo polo equipo do Goberno do Concello de Zas, encabezado por Manuel Muíño, tras coñecer a nova:

  • Reunión co sector agro-gandeiro: o pasado 1 de marzo Manuel Muíño mantivo unha reunión informativa cos representates do sector agro-gandeiro do municipio. “É un sector primordial para o noso municipio polo que os defenderemos ata o final”, sinala o Alcalde.
  • Reunión coa Consellería de Medio Ambiente: O 5 de marzo, Muíño mantivo unha xuntanza coa Delegada Territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Belén Docampo; o Director Xeral de Gandeiría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Consellería de Medio Rural, José Balseiros; e do Secretario Xeral da Oficina de Coordinación Económica, Juan Carlos Reboredo. 

No encontro, Muíño presentoulles os resultados do recente estudo encargado polo Concello de Zas no que confirman un valores de 7,13mg/l e 8,15 mg/l de nitratos nas aguas e que distan moito dos 25 mg/l que indica o Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico para a declaración de Zona Vulnerable á Contaminación por Nitratos. Pola súa banda, dende a Consellería indicaron que esta non é de momento unha decisión definitiva se non que se trata dunha proposta. “No caso de que siga adiante esgotaremos todas as vías para revocala”, sinalou Muíño. Por outra parte, o rexedor solicitou unha reunión coa Conselleira de Medio Rural, María José Gómez Rodríguez da que aínda non obtivo resposta.

  • Viaxe a Madrid: O vindeiro martes, o Alcalde de Zas, Manuel Muíño, viaxará a Madrid para solicitar información ao Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico para coñecer onde e cando se fixeron as medicións, baixo que criterios técnicos,… e toda a información recollida para a elaboración deste mapa das zonas contaminadas por nitratos que sirve á Xunta de Galicia de base para a súa proposta. O rexedor estará acompañado polo Deputado do BNG no Congreso dos Deputados, Néstor Rego.
  • Nova xuntanza informativa co sector agro-gandeiro: Este sábado, 15 de marzo, o rexedor manterá un novo encontro cos representantes do sector agro-gandeiro para explicarlles os resultados obtidos na análise das augas así como os pasos que se están a dar dende o Goberno Municipal para revocar esta proposta.
  • Próximos estudos:  O Concello de Zas encargará nas vindeiras semanas un novo estudo para analizar o nivel de nitratos en auga.
  • Reunión cos demáis alcaldes da provincia da Coruña incluídos na ZVN: O rexedor de Zas avanzou onte que está en contacto con outros alcaldes da provincia e que realizarán unha reunión co fin de estudar solucións conxuntas. 

“Estupor, sorpresa e por que a nós, iso é o que nos preguntamos desde o momento en que coñecemos a proposta de declarar a Zas como Zona Vulnerable a Nitratos”, sinalou Manuel Muíño.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

5 noviembre, 2026
O Goberno municipal de Zas anuncia a convocatoria de 180 bolsas de axuda ao estudo para o curso 2026/2027. Estas subvencións están...
3 noviembre, 2026
O Concello de Zas resultou beneficiario dunha subvención ao abeiro da Orde do 22 de maio de 2026 para a contratación dunha persoa ...
31 octubre, 2026
O Concello de Zas contará durante o curso 2026-2027 cunha nova edición do programa ‘Os Ratos de Lonxedetodo’, desenvolvido por Tri...
24 octubre, 2026
Baio acolle desde onte, xoves 22 de outubro, a sexta edición dos Premios Fouciño, un festival dedicado ao audiovisual galego que e...
18 octubre, 2026
O Concello de Zas porá o broche final á programación do ciclo ‘Afiando Fouciños’ o vindeiro domingo, 18 de outubro, coa proxección...
9 octubre, 2026
O Concello de Zas oponse á decisión do Instituto Nacional de Estatística (INE) de fusionar as mesas electorais da parroquia de Muí...
Logo concello de zas colorido
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.