universidade-senior-concello-zas-2025 (1)

A Universidade Sénior inicia a 7ª edición do Programa de Democratización do Coñemento para as persoas maiores de 50 anos

A Universidade Sénior, o Programa Universitario para Maiores de 50 anos da Universidade da Coruña, pon en marcha en 2025 a 7ª edición do Programa de Formación Universitaria Específico para adultos maiores da Costa da Morte. Este proxecto conta coa financiación da Xunta de Galicia e a colaboración do Grupo de Desenvolvemento Rural “Costa da Morte” e o Concello de Zas, e desenvolverase entre febreiro e marzo no Centro Sociocultural de Baio (Zas).
A inscrición, gratuíta, estará aberta do 24 de xaneiro ao 5 de febreiro e poderá realizarse de xeito on-line a través do espazo web UDC Sénior Costa da Morte (https://universidadesenior.org/costa-da-morte/) ou presencialmente a través dos Axentes de Desenvolvemento Local (ADL) dos vosos concellos.
O programa consta de tres módulos, con sesións teóricas e prácticas, impartidas, en dous días á semana, de 17 a 19 horas, por profesorado da Universidade da Coruña, nas que se abordarán diferentes temáticas:
MÓDULO I: HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS
  • 11 de febreiro“A Dirección Artística no Cine”, Profa. Victoria de León Sanjuán
  • 12 de febreiro“A Xestión do Común: unha visión desde a economía e os cómics”, Prof. Manuel Gómez Suárez
  • 18 de febreiro“Literaturas do Mundo: unha viaxe á orixe dos libros”, Profa. Elena Martín Cancela
MÓDULO II: CIENCIAS DA TERRA E TECNOLOXÍA
  • 25 de febreiro“(Bio)invasións en Galicia: mecanismo, impacto e xestión”, Prof. Sergio Rodríguez Roiloa
  • 26 de febreiro“ADN Antigo e Evolución Humana: unha viaxe ao pasado a través dos nosos xenes”, Profa. Gloria Mª González Fortes
  • 5 de marzo“Descubrindo a Intelixencia Artificial: retos, aplicacións e ferramentas”, Prof. Álvaro Michelena Grandío
MÓDULO III: CIENCIAS DA VIDA E DA SAÚDE
  • 11 de marzo“Enfermidades Cardiovasculares e Diabetes”, Prof. Luis Saleta Canosa
  • 12 de marzo“O Cambio Climático: causas e consecuencias”, Prof. Salvador Fojón Polanco
  • 18 de marzo“Boas Prácticas para o Coidado do Benestar Psicolóxico”, Prof. Carlos Freire Rodríguez
Clausura e xornada cultural na Coruña
O Programa formativo rematará cunha xornada de visitas académicas e culturais na Coruña, onde terá lugar o acto de clausura e entrega de diplomas, o día 19 de marzo de 2025.
Con este programa, a Universidade Sénior reafirma o seu compromiso de achegar a formación universitaria ás persoas maiores de 50 anos das comarcas da Costa da Morte, ofrecendo resposta ás súas inquedanzas e necesidades formativas desde a súa primeira edición en 2018.
Comparte en redes

Últimas novas publicadas

19 junio, 2026
Un total de 124 nenos e nenas participarán nos Campamentos de Verán 2026 organizados polo Concello de Zas, unha cifra que confirma...
12 junio, 2026
Os alcaldes de Cabana de Bergantiños, Laxe e Zas manterán a vindeira semana unha reunión de traballo co obxectivo de coordinar pos...
10 junio, 2026
O alcalde de Zas, Manuel Muíño, e a concelleira de Educación, Pilar García, mantiveron unha reunión de traballo coas ANPAs do CEIP...
7 junio, 2026
O Concello e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos celebraron onte unha reunión informativa cos veciños de Fornelos para ana...
6 junio, 2026
A Casa do Concello de Zas acolleu esta tarde a presentación oficial da 57ª edición de Feirauto, un dos eventos máis consolidados d...
6 junio, 2026
O Concello de Zas acollerá o domingo, 14 de xuño, a XVII Concentración de Motos Antigas de Zas, unha cita xa consolidada no calend...