V_Universidade-Senior-concello-Zas

Listaxe de admitidos/as na 5ª edición do Programa de Democratización do Coñecemento na Costa da Morte da Universidade da Coruña

Un total de 55 alumnos e alumnas maiores de 50 anos, procedentes de sete concellos das comarcas que fan parte da Costa da Morte participarán entre febreiro e marzo na 5ª edición do Programa de Democratización do Coñecemento na Costa da Morte (2023) que se inaugurará o próximo mércores, 22 de febreiro, ás 16:30 horas, no Centro Sociocultural de Baio coa presenza da Directora da Universidade Sénior, Matilde García Sánchez, e de Alcalde do Concello de Zas e presidente do GDR «Costa da Morte», Manuel Muíño Espasandín.

De seguido, ese mesmo día, ás 17 horas, comezará a actividade académica coa primeira das sesións correspondente ao Módulo I, a cargo do profesor Alberto Sucasas Peón, baixo o título “Unha filosofía da amistade: Michel de Montaigne”.

Universidade Sénior de Coruña pon en marcha o Programa Universitario para Maiores de 50 anos da Universidade da Coruña, coa financiación da Xunta de Galicia e en colaboración co GDR “Costa da Morte” e co Concello de Zas, unha nova edición do programa de formación universitaria específico para os adultos maiores das comarcas de Costa da Morte, que se desenvolverá nos meses de febreiro e marzo, no Centro Sociocultural de Baio.

Na seguinte ligazón podes consultar a listaxe de admitidos/as para esta 5ª edición do programa: https://universidadesenior.files.wordpress.com/2023/02/costa-da-morte-2023-listado-admitidos-as.pdf

 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

18 septiembre, 2026
.  As Torres do Allo acolleron este xoves a presentación dos VI Premios Fouciño, o festival de curtametraxes que se celebrará...
17 septiembre, 2026
A Deputación da Coruña achegará máis de 700.000€ ao desenvolvemento doutros proxectos no Concello, non incluídos no Plan Complemen...
14 septiembre, 2026
O Concello de Zas vén de anunciar que As Torres do Allo manterán as súas portas abertas durante os meses de outono e inverno, unha...
12 septiembre, 2026
O Concello de Zas vén de realizar as denuncias e reclamacións pertinentes ante as administracións competentes para reclamar unha s...
11 septiembre, 2026
O histórico conxunto das Torres do Allo, considerado o pazo máis antigo de Galicia, pecha a súa campaña de verán de 2026 cun balan...
31 agosto, 2026
As Torres do Allo acolleron hoxe unha nova edición do Mercado de Artesanía de San Ramón, unha cita que volveu reunir artesás e art...
Logo concello de zas colorido
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.