V_Universidade-Senior-concello-Zas

Listaxe de admitidos/as na 5ª edición do Programa de Democratización do Coñecemento na Costa da Morte da Universidade da Coruña

Un total de 55 alumnos e alumnas maiores de 50 anos, procedentes de sete concellos das comarcas que fan parte da Costa da Morte participarán entre febreiro e marzo na 5ª edición do Programa de Democratización do Coñecemento na Costa da Morte (2023) que se inaugurará o próximo mércores, 22 de febreiro, ás 16:30 horas, no Centro Sociocultural de Baio coa presenza da Directora da Universidade Sénior, Matilde García Sánchez, e de Alcalde do Concello de Zas e presidente do GDR “Costa da Morte”, Manuel Muíño Espasandín.

De seguido, ese mesmo día, ás 17 horas, comezará a actividade académica coa primeira das sesións correspondente ao Módulo I, a cargo do profesor Alberto Sucasas Peón, baixo o título “Unha filosofía da amistade: Michel de Montaigne”.

A Universidade Sénior de Coruña pon en marcha o Programa Universitario para Maiores de 50 anos da Universidade da Coruña, coa financiación da Xunta de Galicia e en colaboración co GDR “Costa da Morte” e co Concello de Zas, unha nova edición do programa de formación universitaria específico para os adultos maiores das comarcas de Costa da Morte, que se desenvolverá nos meses de febreiro e marzo, no Centro Sociocultural de Baio.

Na seguinte ligazón podes consultar a listaxe de admitidos/as para esta 5ª edición do programa: https://universidadesenior.files.wordpress.com/2023/02/costa-da-morte-2023-listado-admitidos-as.pdf

 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

9 October, 2026
O Concello de Zas oponse á decisión do Instituto Nacional de Estatística (INE) de fusionar as mesas electorais da parroquia de Muí...
6 October, 2026
O Centro Sociocultural de Baio inaugurou esta fin de semana unha nova tempada de exposicións despois do parón habitual durante os ...
1 October, 2026
O ciclo ‘Afiando Fouciños’ continuará este venres 2 de outubro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Zas, cunha nova sesión dedicada ao...
30 September, 2026
O Concello de Zas retoma, despois do parón do verán, a programación de exposicións do Centro Sociocultural de Baio cunha mostra fo...
23 September, 2026
O ciclo Afiando Fouciños, creado este ano como antesala dos VI Premios Fouciño, botará a andar este sábado 26 de setembro, ás 19:0...
18 September, 2026
.  As Torres do Allo acolleron este xoves a presentación dos VI Premios Fouciño, o festival de curtametraxes que se celebrará...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.