FOTO 1 ZAS Zas reabre o Platas Reinoso tras un investimento de 800.000 euros en infraestruturas deportivas

Zas reabre o Platas Reinoso tras un investimento de 800.000 euros en infraestruturas deportivas

O Concello de Zas celebrou o pasado domingo, 5 de abril, a inauguración oficial do renovado Estadio Municipal Platas Reinoso, en Baio, nun acto que resultou todo un éxito de participación e que congregou a un gran número de veciños e veciñas que encheron as instalacións deportivas.

O evento contou coa presenza do alcalde de Zas, Manuel Muíño, así como de destacadas autoridades do ámbito deportivo como o presidente da Xunta Xestora da Real Federación Galega de Fútbol, Pablo Prieto, e Manuel González Corredoira, delegado da RFGF na Coruña e na Costa da Morte.

A xornada deu comezo cun partido das categorías inferiores do Club Deportivo Concello de Zas e continuou cun encontro amigable que enfrontou a un combinado de veteranos do CD Baio e do Sporting Zas fronte a xogadores do equipo sénior de ambos clubs. Ademais, a celebración completouse cun ambiente festivo no que non faltou unha churrascada popular para todos os asistentes.

Esta reapertura marca un antes e un despois para o deporte no municipio e enmárcase dentro dunha aposta firme do Concello de Zas pola mellora das infraestruturas deportivas como motor de desenvolvemento social, promoción da saúde e dinamización da vida local. Nos últimos anos, o goberno municipal investiu un total de 800.000 euros en distintas actuacións, situando a Zas entre os concellos que máis esforzo económico realizan neste ámbito na Costa da Morte.

Os traballos incluíron a renovación integral do céspede dos dous campos municipais de fútbol, destacando no caso do Platas Reinoso a instalación dun céspede de última xeración que sitúa o estadio á vangarda das instalacións deportivas da comarca. Tamén se acometeron melloras nos espazos anexos, co obxectivo de ofrecer instalacións máis cómodas, accesibles e funcionais. Ademais, realizáronse importantes actuacións nos pavillóns municipais, como o cambio das cubertas en Baio e Zas.

O alcalde de Zas, Manuel Muíño, destacou o éxito da xornada e quixo agradecer “a todas as persoas que se achegaron a compartir connosco este día tan especial”, así como “a comprensión do CD Baio, xa que unha obra que inicialmente estaba prevista para dous meses acabou prolongándose ata os seis debido ás condicións climatolóxicas adversas, que dificultaron os traballos”.

Muíño tamén subliñou que “este é o resultado do importante esforzo inversor realizado nos últimos anos en materia deportiva, cun investimento total de 800.000 euros que permitiu mellorar tanto este campo como o de Zas”.

O rexedor quixo tamén recoñecer “a colaboración do Sporting Zas, que acolleu ao CD Baio durante o tempo que duraron as obras”. Finalmente, o alcalde afirmou que “o Platas Reinoso convértese agora no mellor campo da Costa da Morte, grazas a unha gran inversión que dota ao municipio dunhas instalacións modernas e cun céspede de última xeración á altura do que merece a nosa veciñanza e os nosos clubs”.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

20 August, 2026
O Parque Científico e Tecnolóxico da Costa da Morte, impulsado integramente polo Concello de Zas, acaba de superar o proceso de av...
17 August, 2026
O Concello de Zas celebrará o domingo 30 de agosto unha nova edición do Mercado de Artesanía de San Ramón, que terá como escenario...
14 August, 2026
O Concello de Zas rematou as obras de consolidación e posta en valor do Camiño Real, antiga calzada romana de Brandomil, nunha int...
11 August, 2026
O Concello de Zas lembra que remata o prazo para anotarse na actividade ‘Mirada ao firmamento dende o pasado’, que se celebrará es...
30 July, 2026
O Concello de Zas organiza o próximo 13 de agosto, xoves, unha actividade que xa é un clásico dentro da programación do verán na C...
28 July, 2026
O Concello de Zas volverá converter a primeira semana de agosto nunha gran festa da cultura. Entre o 3 e o 7 de agosto, o municipi...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.