FOTO

Zas inaugura a oitava edición do programa da Universidade Sénior da UDC na Costa da Morte con máis de 80 participantes

O Centro Sociocultural de Baio acolleu onte, martes 10 de febreiro, a presentación da 8ª edición do Programa de Democratización do Coñecemento da Universidade Sénior da Universidade da Coruña (UDC), unha iniciativa formativa dirixida a persoas maiores de 50 anos da Costa da Morte.

Zas foi o primeiro concello da comarca en contar con este programa, que ata ese momento só se impartía nas cidades da Coruña e Ferrol, consolidándose como referente na extensión da formación universitaria ao rural. Nesta nova edición, 81 persoas participan nesta proposta educativa, procedentes dos concellos de Cabana de Bergantiños, Coristanco, Laxe, Vimianzo e Zas.

O programa estrutúrase en tres módulos compostos por sesións teóricas impartidas por profesorado da UDC. As actividades celebraranse dous días á semana, en horario de 17:00 a 19:00 horas, e abordarán unha ampla variedade de temáticas de interese social, cultural, científico e sanitario.

Ao acto de inauguración asistiron a directora da Universidade Sénior, Matilde García; a adxunta á dirección, Susana Iglesias; e o alcalde de Zas e presidente do GDR Costa da Morte, Manuel Muíño.

Durante a súa intervención, Matilde García destacou “o valor moi especial deste proxecto”, sinalando que “cada vez hai máis interese, o que demostra que o programa ten futuro”. A directora quixo agradecer especialmente “as axudas dos concellos, neste caso a do Concello de Zas, xa que colaboran financeiramente dun xeito moi importante; o apoio económico é fundamental”, así como a implicación e disposición do alcalde.

Pola súa parte, Manuel Muíño puxo en valor a elevada participación nesta edición: “81 persoas aquí é un éxito; temos que ter en conta que nós temos 4.200 habitantes. Por exemplo, Betanzos ten 120 alumnos con 13.000 habitantes; para igualarnos a nós terían que ter 240 asistentes, por poñer en valor a magnitude e o éxito que temos aquí”.

O rexedor lembrou tamén os inicios do programa na comarca: “Cando empezamos isto soaba moi difícil, como que tiña que estar na Coruña ou en Santiago, e hoxe en día está aquí e en moitos outros concellos”, poñendo en valor todo o esforzo e o traballo realizado ao longo dos anos nesta iniciativa, que xa é toda unha realidade.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

3 November, 2026
O Concello de Zas resultou beneficiario dunha subvención ao abeiro da Orde do 22 de maio de 2026 para a contratación dunha persoa ...
31 October, 2026
O Concello de Zas contará durante o curso 2026-2027 cunha nova edición do programa ‘Os Ratos de Lonxedetodo’, desenvolvido por Tri...
24 October, 2026
Baio acolle desde onte, xoves 22 de outubro, a sexta edición dos Premios Fouciño, un festival dedicado ao audiovisual galego que e...
18 October, 2026
O Concello de Zas porá o broche final á programación do ciclo ‘Afiando Fouciños’ o vindeiro domingo, 18 de outubro, coa proxección...
9 October, 2026
O Concello de Zas oponse á decisión do Instituto Nacional de Estatística (INE) de fusionar as mesas electorais da parroquia de Muí...
6 October, 2026
O Centro Sociocultural de Baio inaugurou esta fin de semana unha nova tempada de exposicións despois do parón habitual durante os ...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.