cartel_dia_do_patrimonio_2019

Zas conmemora o Día do Patrimonio cunha visita guiada á Casa Consistorial

A actividade será o próximo venres ás 12:00 e ás 16:00 horas e está dirixida a toda a veciñanza e ao alumnado dos centros educativos 
 

 

O próximo sábado celébrase o Día Internacional do Patrimonio Mundial co obxectivo de dar a coñecer e protexer o noso patrimonio natural e cultural. E para conmemoralo o Concello de Zas, a través do Departamento de Patrimonio, organiza unha visita guiada á Casa Consistorial que se realizará o vindeiro venres, 15 de novembro. Haberá dúas quendas, unha ás 12:00 horas e outra ás 16:00 horas, e están dirixidas á toda a veciñanza e aos centros de ensino. Os centros educativos que desexen participar deberán contactar previamente co Centro Sociocultural de Baio (981 718 056) co fin de buscar unha data e un horario concreto en función das súas necesidades. 

A Casa Consistorial do Concello de Zas – situada na Praza do Concello – é un edificio do século XX e cunha longa historia constructiva detrás. Éste é un dos moitos bens patrimoniais do noso municipio que xunto con capelas, igrexas, cruceiros, reitoriais, pazos e casas grandes, pontes, muíños, fontes e lavadoiros, hórreos, pombais, mámoas, dólmens e castros forman o catálogo do patrimonio cultural do concello composto por máis de 300 bens. A éstes hai que sumarlles dous Bens de Interese Cutural cos que contamos no Concello de Zas: a Arca da Piosa e as Torres do Allo. 

No mundo existen máis de 1000 bens declarados patrimonio da UNESCO dos cales, catro, están en Galicia e que son a Muralla de Lugo, a Torre de Hércules, a Catedral de Santiago de Compostela, o Camiño Francés e as rutas do norte de España. 

 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 July, 2026
UFD Informa: Estimado/a Señor/a Con el fin de efectuar los trabajos de mantenimiento y desarrollo de la red eléctrica precisos ...
9 July, 2026
Os alcaldes Cabana de Bergantiños, José Muíño; de Laxe, Francisco Charlín; e de Zas, Manuel Muíño, mantiveron unha reunión co dire...
7 July, 2026
O Concello de Zas iniciou as obras de consolidación da calzada romana de Brandomil, unha nova actuación encamiñada á conservación ...
1 July, 2026
Os concellos de Zas, Laxe e Cabana de Bergantiños veñen de presentar de forma simultánea e coordinada un recurso de reposición con...
26 June, 2026
O Concello de Zas e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos recolleron máis de 1.200 recursos de reposición nos que se solicit...
25 June, 2026
O Concello de Zas presenta a súa programación de actividades para o verán 2026, unha completa oferta de propostas dirixidas a neno...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.