VII_Mostra-Teatro-Afeccionado-Labarta-Pose-Zas

Xa temos as cinco obras finalistas da VII Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose

As representacións serán os días 20 e 27 de abril e 4, 11 e 18 de maio

O xurado da VII Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose, formado por membros do Concello de Zas e do Grupo de Teatro Badius, vén de dar a coñecer as obras finalistas da presente edición do certame ao que se presentaron cerca de trinta pezas de teatro procedentes de grupos e/ou compañías de toda a comunidade. 

Estas son as obras finalistas e os seus días de representación:

  • “A pousada da pantasma coxa”; unha comedia para todos os públicos que nos chega da man da Asociación Cultural Faíscas de Arteixo e que se representará o 20 de abril as 21:00 horas no Auditorio de Baio.
  • “Lonxe dos teus abrazos”; da Asociación Cultural Teatro do Ar, de Nigrán. A función, unha comedia romántica dirixida a maiores de 8 anos, será o 27 de abril as 21:00 horas no Auditorio de Zas.
  • “Fatum”, de O Catre Teatro de As Pontes de García Rodríguez. Esta é unha comedia para todos os públicos que se representará o 4 de maio ás 21:00 horas no Auditorio de Baio.
  • “Crónica dun pobo”, unha comedia de Gargallada Teatro que chega dende O Barco de Valdeorras e que nos interpretarán do 11 de maio as 21:00 horas no Auditorio de Baio. Tamén está dirixida a todos os públicos.
  • “O traballo de Andrea”, do Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros. Este drama, dirixido ao público adulto, representarase o 18 de maio ás 21:00 horas no Auditorio de Zas.

O Concello de Zas repartirá un total de 3.900€ entre estas cinco obras finalistas. Pero para coñecer o reparto dos premios teremos que agardar ata o 25 de maio, día no que terá lugar a entrega de premios nun acto que se celebrará a partir das 18:00 horas no Auditorio de Zas e no que o alumnado da Escola de Teatro Infantil do Concello de Zas interpretarán varias pezas. 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 May, 2026
Tras unha difícil deliberación con preto de medio cento de propostas, o xurado da Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose elixiu...
14 May, 2026
O Concello de Zas rendeu homenaxe hoxe a Enrique Labarta Pose coincidindo co 101 aniversario do seu falecemento. O alcalde de Zas,...
12 May, 2026
O Concello de Zas desenvolverá durante todo o mes de maio unha ampla programación cultural para conmemorar o Día das Letras Galega...
11 May, 2026
O Concello de Zas publicou no taboleiro de anuncios da sede electrónica unha convocatoria para proceso selectivo para a contrataci...
7 May, 2026
As Torres do Allo, dentro da programación cultural do Concello de Zas, organizan o vindeiro 16 de maio unha xornada especial con m...
3 May, 2026
O Concello de Zas, en colaboración coa Asociación BaiOn, organiza a Feira das Letras, que se celebrará do venres 8 ao domingo 10 d...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.