V Mostra de Teatro Afeccionado "Labarta Pose"

28 obras de toda a comunidade preséntanse á VII Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose

Agora o xurado elixirá as cinco finalistas que se representarán os días 20 e 27 de abril e 4, 11 e 18 de maio nos Auditorios de Zas e de Baio

Un total de 28 obras de teatro de diferentes grupos e compañías das catro provincias galegas optan a ser as finalistas da VII Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose, na que se repartirán 3.900€ en premios. 

Unha vez pechado o prazo de presentación, agora é a quenda do xurado – formado por membros do Concello de Zas e do grupo de teatro Badius – que xa está a visualizar as obras recibidas para despois elixir as cinco finalistas que se representarán os días 20 e 27 de abril e 4, 11 e 18 de maio. As representacións comezarán entre as 20:00 e as 21:00 horas e repartiranse entre o Auditorio Municipal de Zas e o Auditorio Municipal de Baio. 

Nigrán, Mos, Barreiros, Ferrol, A Coruña, Santiago de Compostela, Vigo, Pontedeume, O Barco de Valdeorras, As Pontes, Rianxo, Corcubión, Arteixo, Cambre, Vedra, Coles, Tomiño e Teo son algunhas das localidades das que proceden as compañías/grupos que se presenta ao certame promovido polo Concello de Zas. A maior parte das obras recibidas son comedia, aínda que tamén hai algún drama, comedias románticas, thriller e musicais. 

Nos vindeiros días coñeceremos as obras finalistas.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

23 May, 2026
O Concello de Zas quere poñer en valor o traballo que se desenvolve diariamente na Galiña Azul. Desde o Concello quere trasladarse...
22 May, 2026
O Concello de Zas deu a coñecer o importe da Beca da Filloa 2026, unha axuda de estudos destinada a apoiar a un ou unha estudante ...
19 May, 2026
O Concello de Zas quenta motores para celebrar a IX Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose. Tanto é así, que o Concello acaba d...
17 May, 2026
O Concello de Zas celebrará o vindeiro domingo, 24 de maio, a terceira edición da súa Xornada Canina, unha iniciativa pioneira e ú...
15 May, 2026
Tras unha difícil deliberación con preto de medio cento de propostas, o xurado da Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose elixiu...
14 May, 2026
O Concello de Zas rendeu homenaxe hoxe a Enrique Labarta Pose coincidindo co 101 aniversario do seu falecemento. O alcalde de Zas,...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.