semana cultural1

Volve a Semana Cultural cunha chea de actividades para todos os públicos

Comenzan o próximo domingo, 7 de agosto, e non faltarán as exposicións, o teatro, monólogos, obradoiros nin os roteiros

Un ano máis, o Concello de Zas vén de dar a coñecer as actividades incluídas na Semana Cultural que organiza o Departamento de Cultura ao redor da Festa da Carballeira. Así dende o próximo domingo, 7 de agosto, e ata o sábado 13, en Zas haberá actividades para todos os púlbicos: exposicións, obradoiros, teatro, roteiros, monólogos e música de alto nivel.

Ao longo de toda a semana, o Centro Sociocultural de Zas acollerá dúas exposicións. Unha sobre cos distintos traballos de cesteiría, manualidades e bordado realizado ao longo de todo ano polo alumnado dos cursos municipais. E a outra será unha exposición fotográfica con imaxes antigas do Concello de Zas do arquivo fotográfico de Gonzalo Romero Osende e cedidas pola familia Romero Mengotti. 

Outro dos pratos fortes da Semana Cultural 2022 son os obradoiros. Para os máis novos haberá talleres sobre a robótica educativa; pedras de papel, artesanía e patrimonio; e ciencia e nutrición. Mentras que para o público adulto haberá toda a semana un Obradoiro de percusión tradicional impartido pola Asociación de Baile Tradicional Churía e un Obradoiro de  deseño de álbums de fotos coa técnica ScrapBooking. 

Máis actividades

Estas son outras das actividades que realizaremos durante a Semana Cultural:

  • Domingo, 7 de agosto ás 20:00 horas: Teatro. A Escola Municipal de Teatro Infantil do Concello de Zas preséntanos no Auditorio do Concello dous dos seus traballos: “Por fin libre” e “A fuga de Acapulco”
  • Luns, 8 de agosto ás 18:30 horas no Auditorio do Concello: Proxección do documental “Brandomil vila romana a carón do Xallas” da Fundación Brandomil. E a continuación, presentación do libro “Brandomil na historia, un Couto de mulleres”, tamén da Fundación Brandomil
  • Luns, 8 de agosto, ás 21:00 horas: Concerto con Suso Vaamonde e Xosé Lois Romero no campo do río, ao carón da entrada da Carballeira
  • Martes, 9 de agosto, ás 20:00 horas. Presentación do libro “El Defensor” de Manuel Romero Mengotti
  • Martes, 9 de agosto, ás 21:00 horas no Auditorio do Concello. Teatro con Culturactiva Producións que nos presenta “As alumnas”
  • Mércores, 10 de agosto, ás 21:30 horas: Monólogo “Outra Movida” de Oswaldo Digón no Centro Sociocultural de Zas
  • Xoves, 11 de agosto, ás 12:00 horas: Visita ao patrimonio arqueolóxico do lugar de Brandomil
  • Xoves, 11 de agosto, ás 20:00 horas: Presentación do libro “Os mundos de agora” de Lois Oreiro
  • Xoves, 11 de agosto, ás 21:30 horas, Representación da obra “Atranca. Sucursal 21” do grupo Sen Tempo Teatro (da Escola Municipal de Teatro para Adultos do Concello de Zas) no Audiltorio do Concello
  • Venres, 12 de agosto ás 16:30 horas: Concerto infantil con Xoán Curiel

O programa completo da Semana Cultural de Zas pódese recoller impreso nas distintas dependencias municipais. 

Festa da Carballeira

A Semana Cultural pecha cun dos eventos de maior identidade do noso municipio: a Festa da Carballeira que este ano celebra a súa 37ª edición. A través da seguinte ligazón pódense mercar as entradas ou se non tamén se poden mercar en taquilla os propios días dos concertos.

Como vén sendo habitual nos últimos anos, o Concello de Zas pon a disposición de cada vivenda con familias empadroadas no noso municipio dúas entradas para acceder de forma gratuíta a todas as actividades programadas para o sábado. As entradas pódense retirar ata o venres, día 13 ás 14:00 horas, no Rexistro do Concello de Zas.

Ademais todas as persoas menores de 14 anos e maiores de 60 non pagan entrada calquera dos dous días do festival. 

 

Consulta aquí todas as actividades da Semana Cultural 2022: Folleto Semana Cultural 2022

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 July, 2026
UFD Informa: Estimado/a Señor/a Con el fin de efectuar los trabajos de mantenimiento y desarrollo de la red eléctrica precisos ...
9 July, 2026
Os alcaldes Cabana de Bergantiños, José Muíño; de Laxe, Francisco Charlín; e de Zas, Manuel Muíño, mantiveron unha reunión co dire...
7 July, 2026
O Concello de Zas iniciou as obras de consolidación da calzada romana de Brandomil, unha nova actuación encamiñada á conservación ...
1 July, 2026
Os concellos de Zas, Laxe e Cabana de Bergantiños veñen de presentar de forma simultánea e coordinada un recurso de reposición con...
26 June, 2026
O Concello de Zas e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos recolleron máis de 1.200 recursos de reposición nos que se solicit...
25 June, 2026
O Concello de Zas presenta a súa programación de actividades para o verán 2026, unha completa oferta de propostas dirixidas a neno...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.