Campamento_Urbano1

Remata con récord de participantes o programa “Zas no verán!”

  • A actividade estrela foron os campamentos urbanos e deportivos que se celebraron en cinco turnos diferentes repartidos entre os Centros Socioculturais de Zas e de Baio
  • Ademais das actividades dirixidas aos nenos e nenas de 4 a 12 anos, na programación tamén se incluíron outras citas para toda a familia como o Día da Bici ou Os Venres a Pé

As vacacións do verán chegan ao seu fin e tamén o fixo o programa de conciliación laboral e familiar “Zas no verán!” impulsado polo Concello de Zas, a través da Concellería de Cultura. Durante os meses de xullo e agosto, case 400 persoas  – na súa maioría nenos e nenas de entre 4 e 12 anos de idade – desfrutraron das distintas actividades contempladas nesta intensa programación.

Foron dous meses nos que non faltaron as actividades deportivas, culturais, ambientais e tamén de entretemento e convivencia. Ainda que a maioría das propostas estaban dirixidas aos máis novos, o programa de verán incluíu actividades para realizar en familia tales como o exitoso Día da Bici, no que participaron máis de 75 veciños e veciñas de diferentes idades. Dentro da programación estival unha das actividades que nunca falla en canto ao número de participantes é a excursión ao Aquapark. Así, o pasado 14 de agosto uns 65 nenos e nenas de 8 a 16 anos viaxaron ata o parque acuático de Cerceda acompañados dun día cunhas temperaturas espectaculares.

Outra das actividades que van en aumento en canto á participación e que este ano organizamos por terceira vez consecutiva son Os Venres a Pé. Foron tres andainas por distintos puntos de interese do noso concello. Estivemos nas carballeiras, subimos ata o Pico de Meda e tamén visitamos algúns dos dolméns que se ubican no noso municipio. Unha actividade aberta tanto a nenos e nenas como a adultos que pasaron unhas mañás diferentes coñecendo o noso patrimonio.

Este ano tamén houbo actividades novas, tales como Un día nas Torres, e outras que xa son todo un clásico como o campemento de Naturmaz ou a excursión ao Parque de Arte Ruprestre de Campolameiro, en Pontevedra. Pero sen dúbida, a actividade estrela do programa de verán son os Campamentos Urbanos e Deportivos que se celebran en cinco turnos diferentes repartidos entre os Centros Socioculturais de Zas e de Baio. A dinámica deste tipo de campamentos resulta moi atractiva para os máis novos e case sen darse de conta aprenden mentras desfrutan. Cada unha das xornadas é diferente nas que hai xogos novos e dinámicas nas que se fomentan valores tan importantes como o traballo en equipo, o compañeirismo,…  entre outros moitos.

Novas propostas

O Concello de Zas, a través da Concellería de Cultura encabezada por Manuel García Velo, xa traballa en novas propostas que lles permitan ás familias do noso municipio axudar a conciliar a súa vida laboral e familiar en horarios non lectivos e que ademais fomenten a socialización dos máis novos e axuden a poñer en valor os nosos recursos. Ademais destas actividades extraescolares, ao longo de todo o curso académico o Concello de Zas organiza nos tres centros educativos do municipio distintas actividades adaptadas a cada ciclo educativo.

 “Ainda que a programación é máis intensa en períodos non lectivos, como os meses de verán ou as vacacións de nadal, entroido e Semana Santa, seguimos traballando para ofrecer unha programación continua con actividades que non perdan de vista a nosa cultura nin as nosas tradicións pero fusionadas sempre coa diversión”, sinala Manuel García Velo, Concelleiro de Cultura.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 April, 2026
O vindeiro sábado 18 de abril, o Centro Sociocultural de Zas acollerá a presentación do libro ‘Que quede entre nós’, da autora Jos...
10 April, 2026
O Concello de Zas continúa coa súa campaña en defensa dunha sanidade pública digna e de calidade, reclamando solucións urxentes an...
7 April, 2026
O Concello de Zas celebrou o pasado domingo, 5 de abril, a inauguración oficial do renovado Estadio Municipal Platas Reinoso, en B...
2 April, 2026
O Concello de Zas vén de clausurar este mércores, 1 de abril, unha nova edición dos campamentos de Semana Santa, unha iniciativa p...
1 April, 2026
O Concello de Zas reabrirá este domingo, 5 de abril, o Estadio Municipal de Baio, Platas Reinoso, tras completar un ambicioso proc...
28 March, 2026
O Concello de Zas continúa a consolidar a súa programación cultural coa inauguración da exposición ‘Aires da Terra’, da artista Is...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.