FOTO CABANA, LAXE E ZAS Os alcaldes de Cabana, Laxe e Zas reiteran á Xunta o seu rexeitamento ao proxecto mineiro ‘Jorge Reyes’

Os alcaldes de Cabana, Laxe e Zas reiteran á Xunta o seu rexeitamento ao proxecto mineiro ‘Jorge Reyes’

Os alcaldes Cabana de Bergantiños, José Muíño; de Laxe, Francisco Charlín; e de Zas, Manuel Muíño, mantiveron unha reunión co director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández, para abordar a situación do permiso de investigación mineira ‘Jorge Reyes’.

A reunión foi solicitada conxuntamente polos tres concellos tras a autorización deste permiso de investigación, co obxectivo de trasladar directamente á Xunta de Galicia a posición institucional común de rexeitamento ao proxecto e expresar a preocupación existente nos tres municipios.

Durante o encontro, o director xeral explicou que a autorización concedida corresponde unicamente a un permiso de investigación e que non implica, en ningún caso, unha autorización para a explotación mineira. Así mesmo, comprometeuse a que, no caso de que a empresa promotora solicitase no futuro a transformación deste permiso nun de explotación, a Administración autonómica realizaría un seguimento especialmente rigoroso do expediente e actuaría coa máxima vixilancia na súa tramitación.

Pola súa banda, os tres alcaldes reiteraron a súa firme oposición ao proxecto mineiro, unha posición que xa quedou plasmada coa presentación, o pasado 30 de xuño, dun recurso de reposición conxunto contra a autorización do permiso de investigación. Trátase dunha actuación institucional coordinada, sustentada en argumentos técnicos, urbanísticos, ambientais e patrimoniais, que defende unha visión conxunta do territorio afectado e a protección dos intereses da veciñanza.

Os rexedores quixeron tamén poñer en valor a resposta social existente nos tres concellos e agradecer o compromiso demostrado pola veciñanza na defensa do territorio, do medio natural e do patrimonio cultural e paisaxístico.

Neste sentido, lembran que a realización das catas ou traballos de investigación previstos ao abeiro deste permiso require necesariamente o consentimento das persoas propietarias das parcelas afectadas. Sen esa autorización expresa, a empresa non pode acceder ás fincas para executar os traballos de investigación.

Os tres concellos reiteran que continuarán actuando de maneira coordinada durante toda a tramitación administrativa, defendendo os intereses dos seus municipios e mantendo unha comunicación permanente coa cidadanía para trasladarlle toda a información que se produza sobre este expediente.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

7 July, 2026
O Concello de Zas iniciou as obras de consolidación da calzada romana de Brandomil, unha nova actuación encamiñada á conservación ...
1 July, 2026
Os concellos de Zas, Laxe e Cabana de Bergantiños veñen de presentar de forma simultánea e coordinada un recurso de reposición con...
26 June, 2026
O Concello de Zas e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos recolleron máis de 1.200 recursos de reposición nos que se solicit...
25 June, 2026
O Concello de Zas presenta a súa programación de actividades para o verán 2026, unha completa oferta de propostas dirixidas a neno...
19 June, 2026
Un total de 124 nenos e nenas participarán nos Campamentos de Verán 2026 organizados polo Concello de Zas, unha cifra que confirma...
12 June, 2026
Os alcaldes de Cabana de Bergantiños, Laxe e Zas manterán a vindeira semana unha reunión de traballo co obxectivo de coordinar pos...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.