CPI Zas 1

O Concello de Zas reparte máis de 220 exemplares do libro “O Poeta da Terra” entre o alumnado e profesorado do CEIP Labarta Pose e do CPI de Zas

O Alcalde, Manuel Muíño, aproveitou a ocasión para conversar coa rapazada sobre a figura de Enrique Labarta Pose

O Alcalde de Zas, Manuel Muíño, achegouse esta mañá ata o CEIP Labarta Pose de Baio e o CPI de Zas para facer a entrega do libro “O Poeta da Terra”, o primeiro exemplar infantil sobre Enrique Labarta Pose editado polo Concello de Zas xunto con Lela Edicións. – O rexedor estivo acompañado da Concelleira de Servizos Sociais, Natalia Espasandín;da Concelleira de Educación, Pilar García; da Concelleira de Igualdade, Cristina Pardiñas; e da Tecnica Municipal, Tania Carreira.

En total entregáronse máis de 220 exemplares que se repartiron entre o alumnado de Educación Primaria dos dous centros de ensino e o profesorado. Tamén se deixaron 3 libros en cada unha das bibliotecas. 

Muíño aproveitou a ocasión para facer un breve repaso polas diferentes accións que se están a realizar dende o Concello de Zas co fin de poñer en valor a obra de Enrique Labarta Pose e de conseguir que teña o seu propio Día das Letras Galegas. 

“O Poeta da Terra” é un libro dirixido ao público infantil no que se recollen dun xeito moi gráfico os fragmentos máis relevantes da súa obra así como parte da súa vida. Ademais forma parte da colección de literatura infantil sobre personaxes galegos de Lela Edicións. 

Centros Educativos da Costa da Morte

A comezos deste mes tamén se enviaron dous exemplares de “O Poeta da Terra” aos 47 centros de Educación Primaria dos dezasete municipios que forman a Costa da Morte.

 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

19 June, 2026
Un total de 124 nenos e nenas participarán nos Campamentos de Verán 2026 organizados polo Concello de Zas, unha cifra que confirma...
12 June, 2026
Os alcaldes de Cabana de Bergantiños, Laxe e Zas manterán a vindeira semana unha reunión de traballo co obxectivo de coordinar pos...
10 June, 2026
O alcalde de Zas, Manuel Muíño, e a concelleira de Educación, Pilar García, mantiveron unha reunión de traballo coas ANPAs do CEIP...
7 June, 2026
O Concello e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos celebraron onte unha reunión informativa cos veciños de Fornelos para ana...
6 June, 2026
A Casa do Concello de Zas acolleu esta tarde a presentación oficial da 57ª edición de Feirauto, un dos eventos máis consolidados d...
6 June, 2026
O Concello de Zas acollerá o domingo, 14 de xuño, a XVII Concentración de Motos Antigas de Zas, unha cita xa consolidada no calend...