formacion

O Concello de Zas organiza unha xornada informativa e formativa sobre a e-administración dirixida ás asociacións

A sesión terá lugar o vindeiro 10 de decembro en horario de 10:00 a 12:00 horas

Co fin de dar a coñecer a sede electrónica do Concello de Zas e todas as súas funcionalidades, o Concello de Zas organiza unha xornada informativa e formativa dirixida especialmente aos integrantes das distintas asociacións do municipio. 

Nesta sesión, que terá lugar o vindeiro 10 de decembro en horario de 10:00 a 12:00 horas, abordaranse os distintos métodos necesarios para identificarse telematicamente coas Administracións públicas e, ao mesmo tempo, coñecer en detalle todos os trámites que se poder realizar a través da sede electrónica do Concello de Zas así como os distintos procedementos que hai, como se poden utilizar e todas as súas posibilidades. Dado que as asociacións teñen a obriga legal de comunicarse coa administración por medios electrónicos, na sesión do día 10 de decembro trataranse todos aqueles procedementos de interese para as asociacións. 

As persoas interesadas poden inscribirse de forma gratuita chamando ao Concello de Zas a través do número de teléfono 981 70 83 03 e dirixíndose á Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local. 

Esta é unha iniciativa organizada polo programa PEL – Concello Dixital; que é un proxecto da Deputación da Coruña en colaboración co Concello de Zas. 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

24 October, 2026
Baio acolle desde onte, xoves 22 de outubro, a sexta edición dos Premios Fouciño, un festival dedicado ao audiovisual galego que e...
18 October, 2026
O Concello de Zas porá o broche final á programación do ciclo ‘Afiando Fouciños’ o vindeiro domingo, 18 de outubro, coa proxección...
9 October, 2026
O Concello de Zas oponse á decisión do Instituto Nacional de Estatística (INE) de fusionar as mesas electorais da parroquia de Muí...
6 October, 2026
O Centro Sociocultural de Baio inaugurou esta fin de semana unha nova tempada de exposicións despois do parón habitual durante os ...
1 October, 2026
O ciclo ‘Afiando Fouciños’ continuará este venres 2 de outubro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Zas, cunha nova sesión dedicada ao...
30 September, 2026
O Concello de Zas retoma, despois do parón do verán, a programación de exposicións do Centro Sociocultural de Baio cunha mostra fo...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.