Aglomerado___Baio

O Concello de Zas mellora máis de 4.600 m² da súa rede viaria dentro dos núcleos de Baio, Gontalde e Pudenza

O Plan Único (POS+ 2019) da Deputación da Coruña permite que ter unha das redes viarias de titularidade municipal mellor conservadas da zona

Dentro do seu afán por ter unha das redes viarias municipais mellor conservadas, o Concello de Zas vén de renovar o firme con aglomerado en varias vías do termo municipal con cargo ao Plan Único da Deputación da Coruña POS+ 2019 e que en total supoñen un investimento de máis de 40.000 euros.

Os traballos desenvolvéronse nas últimas semanas nas parroquias de Mira, Brandomil e Baio. Concretamente as melloras realizáronse nos núcleos de Gontalde, Pudenza e na rúa Herbais da Ponte, en Baio, que dá acceso ao paseo fluvial da vila. As obras consistiron na limpeza e apertura das cunetas, no fresado das zonas onde foi necesario e na posterior renovación do firme cunha capa de aglomerado asfáltico en quente de cinco centímetros de groso que en total supoñen cerca de 4.600 metros cadrados.

Próximas melloras

As inversións do Plan Único (POS+ 2019) da Deputación da Coruña para este ano aprobáronse no pleno extraordinario celebrado no pasado mes de decembro e supoñen un investimento superior aos 495.000 euros; dos cales un total de 174.315,17 euros destinaranse á conservación e mantemento da rede viaria de titularidade municipal e dos distintos espazos públicos.

Para iso, o goberno municipal deseñou un plan de actuacións no que figura a mellora da calzada nas parroquias de O Allo, San Cremenzo, Gándara, Mira, Zas, Loroño, Roma, Meanos e Brandoñas (106.446,11 euros); así como a mellora das estradas de Gomarís-Artón e Andregalla-Penedo (67.869,06 euros).

Paralelamente, dentro do Plan Complementario do 2019 inclúense outros dous proxectos por un importe de 190.125,57 euros. Entre os investimentos a realizar figuran a mellora dos aglomerados nas parroquias de Zas, Baio e San Adrián de Castro (98.698,67 euros) e as melloras da calzada nas parroquias de Brandomil, Muíño e Meanos (91.426,90 euros).

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

24 October, 2026
Baio acolle desde onte, xoves 22 de outubro, a sexta edición dos Premios Fouciño, un festival dedicado ao audiovisual galego que e...
18 October, 2026
O Concello de Zas porá o broche final á programación do ciclo ‘Afiando Fouciños’ o vindeiro domingo, 18 de outubro, coa proxección...
9 October, 2026
O Concello de Zas oponse á decisión do Instituto Nacional de Estatística (INE) de fusionar as mesas electorais da parroquia de Muí...
6 October, 2026
O Centro Sociocultural de Baio inaugurou esta fin de semana unha nova tempada de exposicións despois do parón habitual durante os ...
1 October, 2026
O ciclo ‘Afiando Fouciños’ continuará este venres 2 de outubro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Zas, cunha nova sesión dedicada ao...
30 September, 2026
O Concello de Zas retoma, despois do parón do verán, a programación de exposicións do Centro Sociocultural de Baio cunha mostra fo...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.