ingresos_inversions_orzamento_concello_zas_2019

O Concello de Zas destina 1 de cada 4 euros do orzamento do 2019 a investimentos

  • O Goberno municipal aprobou hoxe, cos votos a favor do BNG e coa abstención do PP, os orzamentos do 2019 que ascenden a 185.518,10 euros, un 3,59% máis ca no 2018
  • A construción do tanatorio de Zas ( 454.000 euros) e as axudas á dependencia (479.000 euros) exemplifican o compromiso do Goberno Municipal coas políticas sociais

 

A corporación municipal do Concello de Zas vén de aprobar no pleno extraordinario celebrado esta mañá o orzamento para o 2019 que ascende a 4.185.518,10€; un 3,59% máis que o do 2018. A proposta presentada e defendida polo goberno do BNG aprobouse, coa abstención do PP, nunha sesión plenaria duns vinte minutos de duración.

Así no 2019, o Concello de Zas xestionará uns orzamentos que, segundo o Alcalde de Zas – Manuel Muíño –  “son conservadores e, ao mesmo tempo, expansivos xa que reflicten o noso compromiso cos servizos públicos e coas políticas sociais que, en definitiva, se traduce na mellora da calidade de vida da nosa veciñanza”. A construción do tanatorio de Zas, o mantemento das infraestruturas viarias e as políticas sociais son os eixos principais dos orzamentos para o próximo ano. En canto aos ingresos, o Concello de Zas mantén os  niveis do último ano malia a non incrementar a carga impositiva para a veciñanza.

Principais investimentos

Os gastos de persoal, correspondentes ao capítulo 1, representan o 21,47% dos orzamentos para o 2019. Unha cifra que para o equipo  de goberno do BNG de Zas é “conservadora e axeitada” e que se corresponde coas necesidades de persoal que ten o Concello de Zas. Os gastos correntes de bens e servizos, relativos ao capítulo 2 dos orzamentos, ascende a 2.109.794,76 euros o que supón o 50,40%. Esta é unha partida que lle permite ao Concello de Zas sufragar os gastos derivados da xestión do lixo, do alumeado público, do mantemento das instalacións deportivas, entre outros, e que segundo valorou Manuel Muíño “permite manter no mellor estado de conservación posible as nosas infraestruturas evitando así o seu deterioro”.

O capítulo 6, relativo aos investimentos reais, representa o 25,48% dos orzamentos o que se traduce en 1.066.845,02 euros. Neste apartado, o Alcalde de Zas destacou que é unha cifra “conservadora” xa que non se contemplan actuacións que xa están comprometidas por outras administracións como a Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña. Neste sentido, esta partida – que permite acometer obras de importancia para o municipio como son o mantemento e a conservación da rede viaria municipal e dos edificios públicos así como os servizos sociais –  incrementarase ao final do exercicio 2019. En canto as principais obras que se contemplan no orzamento para o 2019 destacan:

  • Renovación das beirarrúas en Baio C-545: 117.899,34 euros
  • MCR estradas Gomarís-Artón e Andregalla-Penedo (POS+ 2019): 67.869,06 euros
  • Mellora das estradas municipais de O Allo, San Cremenzo, Gándara, Mira, Zas, Loroño, Roma, Meanos e Brandoñas (POS 2019): 106.466,11 euros
  • Mellora das estradas municipais de Brandomil, Muíño e Meanos (POS+ 2019): 91.426,90€
  • Aglomerado nas parroquias de Zas, Baio e San Adrián (POS+ 2019): 98.698,67 euros
  • Inversión de reposición de infraestruturas viarias: 90.000 €
  • Inversión de reposición de infraestruturas abastecemento: 000€
  • Inversión de reposición de infraestruturas saneamento: 10.000€
  • Construción do tanatorio de Zas: 454.484,94€
  • Inversión de reposición en infraestruturas de A.P.: 3.000€
  • Adquisición de mobiliario deportivo: 2.000€
  • Adquisición de equipos informáticos: 3.000€
  • Mobiliario: 6.000€

Política social

Os Servizos Sociais e a Promoción Social son outro dos piares dos orzamentos para o 2019 do Concello de Zas xa que supoñen case o 15% do total o que se traduce en 621.829,96 euros. Dentro deste apartado destacan as partidas destinadas á dependencia (479.216,52 euros) e a axudas para estudantes (30.000 euros). Durante a súa intervención no pleno, o Alcalde de Zas ratificou o compromiso do Concello de Zas coa política social comparándoo con outros municipios da zona e incluso coa propia administración autonómica. “Un 11,44% do orzamento do Concello de Zas destinase á dependencia; unha cifra bastante superior á da Xunta de Galicia que destina a esta partida o 3,88% do seu orzamento”, sinala Muíño.

Entre as prioridades do Goberno do BNG de Zas tamén está a creación de emprego que se reflicte nunha partida de 57.000 euros para o plan de emprego co que o Concello acometerá pequenas obras de mantemento municipal.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

24 October, 2026
Baio acolle desde onte, xoves 22 de outubro, a sexta edición dos Premios Fouciño, un festival dedicado ao audiovisual galego que e...
18 October, 2026
O Concello de Zas porá o broche final á programación do ciclo ‘Afiando Fouciños’ o vindeiro domingo, 18 de outubro, coa proxección...
9 October, 2026
O Concello de Zas oponse á decisión do Instituto Nacional de Estatística (INE) de fusionar as mesas electorais da parroquia de Muí...
6 October, 2026
O Centro Sociocultural de Baio inaugurou esta fin de semana unha nova tempada de exposicións despois do parón habitual durante os ...
1 October, 2026
O ciclo ‘Afiando Fouciños’ continuará este venres 2 de outubro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Zas, cunha nova sesión dedicada ao...
30 September, 2026
O Concello de Zas retoma, despois do parón do verán, a programación de exposicións do Centro Sociocultural de Baio cunha mostra fo...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.