pleno_01.06.2022_Concello de Zas

O Concello de Zas aproba o maior orzamento da súa historia que ascende a 5.353.880,06€

 

A Corporación Municipal do Concello de Zas aprobou esta mañá o orzamento para o 2022, o maior da súa historia, nun Pleno Extraordinario que comezou cun minuto de silencio en sinal de repulsa polas agresións machistas. 

O equipo de Goberno do BNG, encabezado por Manuel Muíño Espasandín, contará para este 2022 con 5.353.880,06€. “A situación derivada da COVID19 fixo que estivéramos dous anos cuns orzamentos subrrogados e hoxe presentamos aquí un presuposto expansivo para o presente ano que se pode sacar adiante grazas ao bo estado económico das arcas municipiais”, manifestou o Alcalde de Zas. No orzamento para o 2022 contémplanse actuacións importantes para a veciñanza tales como as reformas nos Centros de Saúde de Zas e de Baio así como a ampliación da Escola Infantil. Coincide que calquera destes tres edificios públicos son de titularidade da Xunta de Galicia e que “se mellorarán con fondos municipais coa axuda da Xunta cando o normal é que fose ao revés”, sinalou Muíño. As políticas sociais tamén ocupan un lugar destacado nestes orzamentos e o Concello de Zas destinará máis de 876.000 euros ao Servizo de Axuda no Fogar. 

Nos orzamentos para o 2022 hai un lixeiro descenso no gasto de persoal, correspondente ao capítulo 1, e que representa o 18,7% do presuposto. Ao capítulo 2, relativo aos gastos correntes de bens e servizos, destínanse 3.002.868,40€, que supón algo máis do 56% dos orzamentos. Nesta partida contémplanse gastos derivados da xestión do lixo, o alumeado público, o mantemento das instalacións públicas, entre outros.

Cabe destacar tamén o capítulo 6, relativo aos investimentos reais, que representa o 22,30% dos orzamentos e que se traduce en 1.194.035,00€. A esta cifra haberá que sumarlle 1.392.443€ que proveñen de proxectos do ano anterior que, nalgúns casos, están sen executar así como os 513.647,80€ procedentes do POS da Deputación da Coruña. Con estas cifras, o capítulo de inversións reais suma 2.586.478€ e representa o 48% dos orzamentos para o 2022. Estas son algunhas das principais obras que se contemplan no orzamento do 2022:

  • Reforma do Centro de Saúde de Zas (48.464,13€)
  • Reforma do Centro de Saúde de Baio (131.723,02€)
  • Reforma da Escola Infantil de Zas (96.800€)
  • MCR regos asfálticos en Meanos, Muíño e Brandomil (131.087,04€)
  • MCR regos asfálticos en Gándara, Loroño e Vilar (128.154,97€)
  • MCR mezcla bituminos en Baio e Vilar (32.497,32€)
  • MCR mezcla bituminosa en San Cremenzo e Fornelos (60.828,03€)
  • MCR con zahorra en diferentes viais municipais de Fornelos (42.090,09€)

No seguinte cadro detállanse os principais eixos do orzamento de gastos e ingresos para o 2022: 

ESTADO DE GASTOS

Capítulo Denominación Orzamento 2019 Orzamento 2022
Importe % Importe %
A. Operacións non financieiras 4.175.518,10 99,76 % 5.343.603,28 99,81%
A.1 Operacións correntes 3.108.673,08 74,27% 4.149.845,06 77,51%
1 Gastos de persoal 898.865,29 21,48% 1.005.118,69 18,77%
2 G. corr en bs e serv 2.109.794,76 50,41% 3.002.868,40 56,09%
3 G. financieiros 3.000,00 0,07% 3.000,00 0,06%
4 Transf. Corr 97.013,03 2,32% 138.857,97 2,59%
A.2 Operacións de capital 1.066.845,02 25,49% 1.194.035,00 22,30%
6 Inversión reais 1.066.845,02 25,49% 1.194.035,00

+1.392.443 **

22,30%
7 Transf. De capital 0,00 0,00% 0,00 0,00%
B. Operacións financieiras 10.000,00 0,24% 10.000,00 0,19%
8 Activos financieiros 10.000,00 0,24% 10.000,00 0,19%
9 Pasivos financieros 0,00 0,00% 0,00 0,00%
TOTAL 4.185.518,10 100% 5.353.880,06 100%

 

** Proxectos para incorporar  ano anterior e 5136478 do POS adicional. Total 2586478€ que supón o 48% do orzamento para o 2022

*O orzamento incrementarase en 1.392.443€, tanto no apartado de ingresos coma de gastos

ESTADO DE INGRESOS

Capítulo Denominación Orzamento 2018 Orzamento 2022
Importe % Importe %
A. Operacións non financieiras 4.175.518,10 99,76% 5.343.603,28 99,81%
A.1 Operacións correntes 3.716.737,96 88,80% 4.810.231,75 89,85%
1 Impostos directos 960.478,66 22,95% 1.077.110,38 20,12%
2 Impostos indirectos 430.000,00 10,27% 940.698,33 17,57%
3 Taxas, pr públ e outros  303.446,19 7,25 % 438.147,57 8,18%
4 Transf. Corr 1.972.813,11 47,13% 2.304.275,47 43,04%
5 Ingresos patrimoniais 50.000,00 1,19% 50.000,00 0,93%
A.2 Operacións de capital 458.780,14 10,96% 533.648,31 9,96%
6 Enaxenac. inversión 0,00 0,00% 0,00 0,00%
7 Transf. De capital 458.780,14 10,96% 533.648,31 9,96%
B. Operacións financieiras 10.000,00 10.000,00 10.000,00 0,19%
8 Activos financieiros 10.000,00 0,24% 10.000,00 0,19%
9 Pasivos financieros 0,00 0,00% 0,00 0,00%
TOTAL 4.185.518,10 100% 5.353.880,06 100%
Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 April, 2026
O vindeiro sábado 18 de abril, o Centro Sociocultural de Zas acollerá a presentación do libro ‘Que quede entre nós’, da autora Jos...
10 April, 2026
O Concello de Zas continúa coa súa campaña en defensa dunha sanidade pública digna e de calidade, reclamando solucións urxentes an...
7 April, 2026
O Concello de Zas celebrou o pasado domingo, 5 de abril, a inauguración oficial do renovado Estadio Municipal Platas Reinoso, en B...
2 April, 2026
O Concello de Zas vén de clausurar este mércores, 1 de abril, unha nova edición dos campamentos de Semana Santa, unha iniciativa p...
1 April, 2026
O Concello de Zas reabrirá este domingo, 5 de abril, o Estadio Municipal de Baio, Platas Reinoso, tras completar un ambicioso proc...
28 March, 2026
O Concello de Zas continúa a consolidar a súa programación cultural coa inauguración da exposición ‘Aires da Terra’, da artista Is...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.