XVII concentración de motos antigas de Zas

O Concello de Zas acolle o domingo 14 de xuño a XVII Concentración de Motos Antigas

O Concello de Zas acollerá o domingo, 14 de xuño, a XVII Concentración de Motos Antigas de Zas, unha cita xa consolidada no calendario do municipio que reunirá a un importante número de amantes do motor clásico. A iniciativa está organizada pola Asociación Vehículos Clásicos Costa da Morte coa colaboración do Concello de Zas.

As motocicletas con máis de 35 anos de antigüidade volverán percorrer distintos puntos da Costa da Morte. Sairán de Zas e pasarán por Baio, Vimianzo, Calo e A Ponte do Porto ata chegar a Muxía. O regreso realizarase polos Muíños, Quintáns, Berdoias, Vilaseco, Vimianzo, Baio, rematando en Zas, nun percorrido cheo de paixón e ambiente que converterá o municipio nun punto de encontro para afeccionados e coleccionistas chegados de distintos puntos de Galicia.

O alcalde de Zas, Manuel Muíño, destaca a importancia deste tipo de eventos para dinamizar o concello e poñer en valor o patrimonio automobilístico, afirmando que “esta concentración converteuse nun referente para os afeccionados ás motos clásicas”. Na mesma liña, o rexedor subliña que “eventos coma este contribúen a dinamizar a actividade social e económica do municipio e permiten dar a coñecer a Costa da Morte”. Ademais, quixo agradecer o traballo e a implicación da organización, destacando o esforzo que realizan para facer posible esta concentración.

A recepción das motocicletas participantes realizarase entre as 9:00 e as 10:30 horas no Centro Sociocultural de Zas. Desde este punto partirá, ás 10:30 horas, a ruta programada para a xornada, que tamén rematará no propio Centro Sociocultural. A xornada completarase cunha sesión de pinchos e cun xantar no Restaurante Tívoli, previsto para as 14:30 horas.

A organización establece dúas modalidades de participación: unha opción que inclúe ruta, pinchos e comida por 40 euros por persoa, e outra modalidade de 25 euros para aquelas persoas que desexen participar unicamente na ruta e nos pinchos. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o día 10 de xuño. As persoas interesadas poden obter máis información ou formalizar a súa participación chamando ao teléfono 698 178 654.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 July, 2026
UFD Informa: Estimado/a Señor/a Con el fin de efectuar los trabajos de mantenimiento y desarrollo de la red eléctrica precisos ...
9 July, 2026
Os alcaldes Cabana de Bergantiños, José Muíño; de Laxe, Francisco Charlín; e de Zas, Manuel Muíño, mantiveron unha reunión co dire...
7 July, 2026
O Concello de Zas iniciou as obras de consolidación da calzada romana de Brandomil, unha nova actuación encamiñada á conservación ...
1 July, 2026
Os concellos de Zas, Laxe e Cabana de Bergantiños veñen de presentar de forma simultánea e coordinada un recurso de reposición con...
26 June, 2026
O Concello de Zas e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos recolleron máis de 1.200 recursos de reposición nos que se solicit...
25 June, 2026
O Concello de Zas presenta a súa programación de actividades para o verán 2026, unha completa oferta de propostas dirixidas a neno...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.