23_abril

Mañá arrinca a V Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose cunha comedia que nos trae o grupo Hipócrita Teatro de Lugo

A representación, dirixida ao público adulto, é ás 21:30 horas no Auditorio de Zas

Mañá sábado, 23 de abril, comeza a V Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose” coa representación de “Cásting”, unha comedia que nos trae a compañía Hipócrita Teatro de Lugo. A cita, dirixida ao público adulto, é ás 21:30 horas no Auditorio de Zas e a entrada é de balde.  

A Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose” é un certamen organizado por quinto ano polo Concello de Zas no que se representarán cinco obras de teatro ao longo dos vindeiros sábados. Entre elas repartiranse 3.500 euros en premios. Ao igual que nas pasadas edicións, o público terá un papel moi importante xa que será o encargado de outorgar un dos premios. Así, ao final de cada representación os asistentes poderán valorar a obra de forma anónima cubrindo unha sinxela papeleta. Coa suma de todas as votacións, determinarase a mellor obra valorada polo público que recibirá un premio de 200€ xunto cun trofeo e un diploma acreditativos. 

“Cásting”; unha comedia para o público adulto

“Cásting” e o título da obra de teatro que nos trae a compañía Hipócrita Teatro que é a encargada de abrir o telón desta quinta edición da mostra de teatro afeccionado do Concello de Zas. “Cásting” é unha parodia sobre os estereotipos femininos no cine de Hollywood. Mirna Lois, unha diva dos anos 50; Norma Lee, actriz de cine “erótico”; e Úrsula Cimarrón, unha moza aspirante a actriz; coinciden nun cásting. Todas compiten por un único papel. Atrapadas nos seus personaxes chegarán ó límite do ridículo por cumprir coas expectativas do seu rol. Os autores desta obra, que foron os propios membros do grupo, defínena coma “unha comedia agridoce” para chorar, rir e incluso chorar da risa. 

Hipócrita Teatro é unha compañía de teatro afeccionado que naceu en Lugo no 2004. Dende a súa creación estreou máis de media ducia de obras de teatro, a maioría delas de autoría propia. O grupo participou en numerosos espectáculos de rúa, performances, conta contos, radio teatro,…. Algún deles en colaboración outras entidades con fins culturais ou sociais. Ademais da creación e posta en escena de espectáculos teatrais de diferente formato, Hipócrita Teatro desenvolve outras actividades orientadas á dinamización social e cultural. Dende o 2014 dispón dun local no que se programan diferentes actividades culturais realcionadas coas artes escénicas. 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 April, 2026
O vindeiro sábado 18 de abril, o Centro Sociocultural de Zas acollerá a presentación do libro ‘Que quede entre nós’, da autora Jos...
10 April, 2026
O Concello de Zas continúa coa súa campaña en defensa dunha sanidade pública digna e de calidade, reclamando solucións urxentes an...
7 April, 2026
O Concello de Zas celebrou o pasado domingo, 5 de abril, a inauguración oficial do renovado Estadio Municipal Platas Reinoso, en B...
2 April, 2026
O Concello de Zas vén de clausurar este mércores, 1 de abril, unha nova edición dos campamentos de Semana Santa, unha iniciativa p...
1 April, 2026
O Concello de Zas reabrirá este domingo, 5 de abril, o Estadio Municipal de Baio, Platas Reinoso, tras completar un ambicioso proc...
28 March, 2026
O Concello de Zas continúa a consolidar a súa programación cultural coa inauguración da exposición ‘Aires da Terra’, da artista Is...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.