visita-didactica-brandomil

Máis de 100 alumnos e alumnas do CEIP Barrié de la Maza visitan Brandomil para coñecer o seu patrimonio

Coñeceron a calzada, a ponte, o castro e as excavacións de Pedra do Altar

Máis de 100 alumnos e alumnas do CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza, de Santa Comba, participaron a pasada semana nunha visita didáctica ao xacemento arqueolóxico de Brandomil. A actividade enmárcase dentro do compromiso do Concello pola divulgación do seu patrimonio histórico e arqueolóxico entre a comunidade educativa.

O alumnado acudiu en dúas quendas, guiados por Tania Carreira, técnica de Cultura do Concello de Zas, e por Enrique Iglesias, secretario da Fundación Brandomil. Durante o percorrido, puideron coñecer de primeira man os elementos máis destacados do conxunto patrimonial: a calzada, a ponte, o castro e as excavacións de Pedra do Altar que constitúen un dos enclaves arqueolóxicos máis relevantes da comarca.

Como parte da experiencia, cada neno e nena recibiu un nome romano co que foron identificados durante toda a visita, nunha proposta lúdica que lles permitiu mergullarse na cultura da época. A actividade completouse cun obradoiro de barro, no que elaboraron unha peza inspirada na cerámica antiga, que logo puideron levar para as súas casas como recordo da xornada.

O alcalde de Zas, Manuel Muíño, achegouse ata o lugar para darlles a benvida aos escolares e destacou a importancia de “achegar aos máis novos ao noso patrimonio como ferramenta educativa. Iniciativas coma esta axudan a poñer en valor a riqueza arqueolóxica que temos en Brandomil e a tomar conciencia da súa protección e conservación”.

Con esta actividade, o Concello de Zas reafirma a súa aposta pola posta en valor do patrimonio local a través de accións que combinen divulgación, educación e participación activa da cidadanía máis nova.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

12 June, 2026
Os alcaldes de Cabana de Bergantiños, Laxe e Zas manterán a vindeira semana unha reunión de traballo co obxectivo de coordinar pos...
10 June, 2026
O alcalde de Zas, Manuel Muíño, e a concelleira de Educación, Pilar García, mantiveron unha reunión de traballo coas ANPAs do CEIP...
7 June, 2026
O Concello e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos celebraron onte unha reunión informativa cos veciños de Fornelos para ana...
6 June, 2026
A Casa do Concello de Zas acolleu esta tarde a presentación oficial da 57ª edición de Feirauto, un dos eventos máis consolidados d...
6 June, 2026
O Concello de Zas acollerá o domingo, 14 de xuño, a XVII Concentración de Motos Antigas de Zas, unha cita xa consolidada no calend...
4 June, 2026
O Concello de Zas reafirma un ano máis o seu compromiso co benestar das familias e coa promoción de alternativas de ocio educativo...