piscina-municipal-baio

Este domingo comeza a campaña de verán nas piscinas municipais

As persoas interesadas en facer uso das instalacións durante todo o verán deberán facer o seu carné no Rexistro do Concello de Zas

Despois da súa posta a punto, este domingo abrirán as súas portas ao público as piscinas municipais.

Todas aquelas persoas que desexen facer uso das instalacións durante todo verán poderán facer o seu carné de usuario/a no Rexistro do Concello de Zas. O custe da inscrición para toda a tempada é de 9 euros para a rapazada de ata 14 anos e de 12 euros para os maiores de 14 anos. Tamén está aberto o prazo de renovación dos carnés expedidos en anos anteriores. Calquera destes trámites débense de realizar no Rexistro do Concello de Zas, en horario de luns a venres de 09:00 a 13:00 horas. 

Todas aquelas persoas que non dispoñan do carné da piscina poden facer igualmente uso das instalacións pagando a entrada diaria que ten un custo de 0,60€. 

Na páxina web do Concello de Zas e nas redes sociais municipais poderase consultar o calendario de apertura das dúas piscinas municipais. 

Cursos de natación

Ao igual que nos anos anteriores, durante os meses de xullo e agosto ofertaremos cursos de natación gratuítos para todas as idades. Pódese ampliar información ao respecto na Casa do Concello ou a través do número de teléfono 981 708 303.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

1 May, 2026
O Concello de Zas pechou o período de inscricións na IX Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose cun resultado histórico, rexistr...
22 April, 2026
O Concello de Zas organiza este sábado, 25 de abril, a presentación do libro ‘As tolas que non o eran. Mulleres no Manicomio de Co...
15 April, 2026
O vindeiro sábado 18 de abril, o Centro Sociocultural de Zas acollerá a presentación do libro ‘Que quede entre nós’, da autora Jos...
10 April, 2026
O Concello de Zas continúa coa súa campaña en defensa dunha sanidade pública digna e de calidade, reclamando solucións urxentes an...
7 April, 2026
O Concello de Zas celebrou o pasado domingo, 5 de abril, a inauguración oficial do renovado Estadio Municipal Platas Reinoso, en B...
2 April, 2026
O Concello de Zas vén de clausurar este mércores, 1 de abril, unha nova edición dos campamentos de Semana Santa, unha iniciativa p...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.