Brandomil_ultimas intervencions arqueoloxicas

As últimas escavacións realizadas na Pedra Do Altar revelan a presenza dunha urbe romana ocupada entre os séculos I e V por habitantes cun alto poder adquisitivo

Onte presentáronse os principais resultados das intervecións arqueolóxicas realizadas na zona nas que o Concello de Zas leva investidos uns 100.000 euros

Unha domus romana cun “tablinum porticado”, unha casa cunha estancia señorial; os alicerces doutra vivenda e diversos materiais (una moeda, pratos, cristais,…) xunto con outros indicadores revelan a presenza dunha urbe romana en Brandomil ocupada entre os séculos I e V por habitantes cun alto poder adquisitivo.

Estas son as principais conclusións ás que chegou o equipo de arqueólogos, dirixidos por Lino Gorgoso, despois de rematar no pasado mes de setembro a IV fase das intervecións realizadas na Pedra do Altar, en Brandomil.. “Foi unha das intervencións máis ambiciosa e fructífera e que corrobora a importancia que tivo Brandomil entre os séculos I e V”, sinalou Gorgoso durante a presentación dos resultados realizada onte sobre o propio terreo e na que estivo acompañado do Alcalde de Zas, Manuel Muíño; e de Enrique Eduardo Iglesias, da Fundación Brandomil. 

“Dende o noso goberno municipal entendemos que este é un recurso de gran valor para o noso concello e para a comarca polo que seguiremos apostando por el porque temos constancia de que na actualidade non existe en toda a Costa da Morte nin en toda Galicia un xacemento romano que se estea escavando coa importancia deste”, sinalou Manuel Muíño, Alcalde de Zas. Durante a súa intervención recordou que o Concello de Zas investiu cerca de 100.000 euros nas escavacións realizadas na Pedra do Altar e na Vía Romana, sempre coa colaboración da Fundación Brandomil, e tamén aproveitou a ocasión para pedir a implicación doutras administracións públicas e privadas.

1.500 pezas

Nos últimos traballos arqueolóxicos realizados atopáronse unhas 1.500 pezas de diverso tipo que se depositarán proximamente nos museos coruñeses e que se suman ás máis de 5.000 que xa están no Castelo de San Antón (A Coruña). “A idea é que expoñelas todas nun futuro museo en Brandomil”, sinalou Enrique Eduardo Iglesias en representación da Fundación Brandomil.

Segundo explicou Lino Gorgoso, unha boa parte dos materiais atopados realaciónanse co comercio Mediterráneo e entre eles hai unha moeda pertencente á época do emperador Trajano.

Outra das pezas máis singulares atopadas na última intervención foi unha “tégula romana”, unha tella, cun peixe grabado que se relaciona cos inicios do Cristianismo. Aparaceron máis cerámicas con grafitos; un prato con restos de comida e cun selo que indica que procede dun alfareiro do século I da Rioxa e tamén vidros azulados, moi de moda entre os séculos I e II, que probablemente sexan restos dunha botella e dunha copa para rituais. “Todos estes achados corroboran o alto poder aquisitivo dos habitantes de Brandomil desa época”, sinalou o director das escavacións.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

17 November, 2026
O Centro Sociocultural de Baio do Concello de Zas acollerá a exposición ‘Castelao Grafista (facsímile)’, unha proposta cultural qu...
16 November, 2026
O Concello de Zas organiza un programa especial de actividades con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da V...
14 November, 2026
As obras de renovación integral da praza do Concello de Zas e das rúas da súa contorna avanzan a bo ritmo, cumprindo co obxectivo ...
6 November, 2026
O histórico Pazo das Torres do Allo volverá ser este outono o epicentro da festa e da tradición na Costa da Morte. O Concello de Z...
5 November, 2026
O Goberno municipal de Zas anuncia a convocatoria de 180 bolsas de axuda ao estudo para o curso 2026/2027. Estas subvencións están...
3 November, 2026
O Concello de Zas resultou beneficiario dunha subvención ao abeiro da Orde do 22 de maio de 2026 para a contratación dunha persoa ...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.