catas_arqueoloxicas_Brandomil_1_Concello_de_Zas

As catas arqueolóxicas iniciadas polo Concello de Zas confirman a existencia dunha vía empedrada de gran tamaño en Brandomil

  • Os resultados preliminares da intervención mostran unha excelente conservación do Camiño que, segundo o arqueólogo Lino Gorgoso, acada nalgúns puntos máis de 5 metros de ancho 
  • Aínda que os resultados sobre a cronoloxía da vía non son concluíntes, para os arqueólogos é compatible cunha vía romana ou polo menos moi antiga

As catas arqueolóxicas realizadas ao longo destes días en Brandomil, baixo a dirección do arqueólogo Lino Gorgoso, confirman a existencia dunha vía empedrada de gran tamaño que, nalgúns puntos, acada máis de cinco metros de ancho e que en ocasión chega incluso a meterse debaixo dos muros delimitadores das fincas colindantes.

Segundo indica Lino Gorgoso, trátase dun camiño realizado con lousas encastradas a modo de chapacuña e con superficie alombada no centro, que mesmo conta con verteaugas en cada un dos seus laterais. Algúns dos veciños e veciñas de máis idade afirman recordar esta vía ainda que non na súa actual extensión escavada.

Grazas á fotografía antiga e coa axuda da veciñanza, o Concello de Zas promoveu a realización destas catas arqueolóxicas sobre unha vía antiga que bordea ó Río Xallas e chega ata a ponte, empregada durante séculos até a construción da estrada actual que leva a Muxía a comezos dos anos corenta do século XX.

Os resultados preliminares da intervención arqueolóxica promovida polo Concello de Zas deixan á vista un total de cinco tramos do camiño, catas de diferentes tamaños, seriamente dificultadas pola existencia de canles de auga que discorren cara a praia fluvial do Xallas. Segundo indica Gorgoso, o camiño ten unha conservación moi boa na maior parte das mesmas, apreciándose incluso a continuidade baixo os recheos da referida praia fluvial. A localización de tégulas romanas (tellas planas) sobre o lousado parece indicar unha cronoloxía antiga do mesmo, pero aínda non existen pezas diagnósticas por debaixo, polo que os resultados sobre a cronoloxía da vía aínda non son concluíntes a pesares de que a tipoloxía e aspecto da mesma é, para os arqueólogos, compatible cunha vía romana ou polo menos moi antiga.

Tanto o Alcalde do Concello de Zas, Manuel Muíño Espasandín, como Eugenio Rodríguez Puentes, Arqueólogo do Servizo de Arqueoloxía da Xunta de Galicia, estiveron presentes durante as distintas intervencións realizadas e ambos coincidiron en expresar expresaron o grande interese que despertan estas boas novas arqueolóxicas.

Os resultados satisfactorios desta intervención e a implicación da veciñanza achegando información sobre este camiño histórico e visitando acotío as calas arqueolóxicas, aconsellarían á realización dunha segunda fase que deixe ó descuberto esta importante vía escondida e con tanta historia aínda por revelar.

Brandomil, un referente da arqueoloxía

Brandomil é, dende o século XIX, un referente da arqueoloxía de Galicia debido tanto á grande cantidade de restos romanos localizados, como á súa ponte medieval e ó castro que leva o nome da aldea. Un dos principais temas de estudio dos arqueólogos é a existencia dunha vía romana que pasaría por Brandomil, denominada Via XX per loca maritima no Itinerario de Antonino, que unía Braga con Lugo pola costa, até Brigantium (A Coruña).

A existencia dun miliario e posiblemente outro inxerido na ponte levou a varios autores a afirmar que Brandomil corresponderíase, en época romana, cunha gran poboación urbana, denominada Grandimirum ou quizais Ad Duos Pontes.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

22 April, 2026
O Concello de Zas organiza este sábado, 25 de abril, a presentación do libro ‘As tolas que non o eran. Mulleres no Manicomio de Co...
15 April, 2026
O vindeiro sábado 18 de abril, o Centro Sociocultural de Zas acollerá a presentación do libro ‘Que quede entre nós’, da autora Jos...
10 April, 2026
O Concello de Zas continúa coa súa campaña en defensa dunha sanidade pública digna e de calidade, reclamando solucións urxentes an...
7 April, 2026
O Concello de Zas celebrou o pasado domingo, 5 de abril, a inauguración oficial do renovado Estadio Municipal Platas Reinoso, en B...
2 April, 2026
O Concello de Zas vén de clausurar este mércores, 1 de abril, unha nova edición dos campamentos de Semana Santa, unha iniciativa p...
1 April, 2026
O Concello de Zas reabrirá este domingo, 5 de abril, o Estadio Municipal de Baio, Platas Reinoso, tras completar un ambicioso proc...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.