Praza de Baio. Planos

Aprobado o levantamento dos terreos nos que se construirá a nova praza de Baio

Este penúltimo paso do proxecto saiu adiante no Pleno Extraordinario celebrado esta mañá

 

A Corporación Municipal de Zas aprobou no Pleno Extraordinario celebrado esta mañá o levantamento dos terreos nos que se construirá a nova praza dentro do casco urbano de Baio e que estará situada na zona do paseo fluvial da vila. En concreto trátase da área urbanizable situada no sector R-B1 do PXOM – Plan Xeral de Ordenación Municipal – do Concello de Zas.  

En total ocuparanse 5.181 m², distribuidos nunhas 30 fincas, nos que se construirá unha praza, unha zona de aparcamentos e unha vía que comunique as rúas Herbais da Ponte e Bispo Romero de Lema. O levantamento dos terreos é o penúltimo paso deste proxecto que terá un orzamento de máis de 384.000 euros; dos cales algo máis do 75% (283.139,09€) serán financiados pola Deputación da Coruña e os restantes 101.097,11 asumiraos o Concello de Zas.

“Este é un proxecto moi demandado pola veciñanza pero tamén moi complexo polo que foi complicado chegar ata aquí e que agora se atopou coa suspensión dos prazos ocasionado pola crise sanitaria do coronavirus Covid-19”, sinala Manuel Muíño Espasandín; Alcalde de Zas. 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 July, 2026
UFD Informa: Estimado/a Señor/a Con el fin de efectuar los trabajos de mantenimiento y desarrollo de la red eléctrica precisos ...
9 July, 2026
Os alcaldes Cabana de Bergantiños, José Muíño; de Laxe, Francisco Charlín; e de Zas, Manuel Muíño, mantiveron unha reunión co dire...
7 July, 2026
O Concello de Zas iniciou as obras de consolidación da calzada romana de Brandomil, unha nova actuación encamiñada á conservación ...
1 July, 2026
Os concellos de Zas, Laxe e Cabana de Bergantiños veñen de presentar de forma simultánea e coordinada un recurso de reposición con...
26 June, 2026
O Concello de Zas e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos recolleron máis de 1.200 recursos de reposición nos que se solicit...
25 June, 2026
O Concello de Zas presenta a súa programación de actividades para o verán 2026, unha completa oferta de propostas dirixidas a neno...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.