ramon-romar-visita-exposicion-enrique-labarta-pose

Amplíase o legado de Enrique Labarta Pose con varios exemplares doados por Ramón Romar

Este veciño natural de Fornelos visitou o pasado sábado a mostra de Labarta instalada no Centro Sociocultural de Baio acompañado da súa familia e do Alcalde, Manuel Muíño

A mostra sobre o legado de Enrique Labarta Pose que está instalada de forma permanente no Centro Sociocultural de Baio dende o pasado verán vén de sumar novos exemplares doados recentemente por Ramón Romar, natural de Fornelos.

Trátase de seis obras escritas por Enrique Labarta Pose e que Ramón Romar cede co fin de que o Concello de Zas se encargue da súa divulgación, exposición e estudo. Os traballos quedarán expostos na mostra xunto co resto do legado do escritor baiés que gardou durante anos José Rojo Valiña e que o pasado verán as súas irmáns cederon ao Concello de Zas.

Acompañado polo Alcalde de Zas, Manuel Muíño, e pola súa familia, Ramón Romar visitou o pasado sábado a mostra permanente sobre o legado de Enrique Labarta Pose e a exposición itinerante da vida e obra do escritor que nestes momentos tamén se atopa no Centro Sociocultural de Baio. Romar aproveitou a visita para entregar dúas copias dos seus dous libros “Ancestro y Vivencias” e “Ancestros y Vivencias II” que estarán ao acceso de toda a veciñanza na biblioteca do Centro Sociocultural de Baio e nas Torres do Allo. 

Relación de obras de Enrique Labarta Pose cedidas por Ramón Romar: 

  • “Contos”. Editorial Galaxia
  • “Enrique Labarta Pose. Obra Completa”. Biblioteca de Autores Gallegos. Editorial Edinosa
  • “Poesías en gallego y castellano”. Co prólogo de Benito Varela Jácome
  • “Cuentos humorísticos”. Co prólogo de Benito Varela Jácome
  • “O Tío Miseria”
  • “Adormideras. Poesía festivas”
Comparte en redes

Últimas novas publicadas

19 June, 2026
Un total de 124 nenos e nenas participarán nos Campamentos de Verán 2026 organizados polo Concello de Zas, unha cifra que confirma...
12 June, 2026
Os alcaldes de Cabana de Bergantiños, Laxe e Zas manterán a vindeira semana unha reunión de traballo co obxectivo de coordinar pos...
10 June, 2026
O alcalde de Zas, Manuel Muíño, e a concelleira de Educación, Pilar García, mantiveron unha reunión de traballo coas ANPAs do CEIP...
7 June, 2026
O Concello e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos celebraron onte unha reunión informativa cos veciños de Fornelos para ana...
6 June, 2026
A Casa do Concello de Zas acolleu esta tarde a presentación oficial da 57ª edición de Feirauto, un dos eventos máis consolidados d...
6 June, 2026
O Concello de Zas acollerá o domingo, 14 de xuño, a XVII Concentración de Motos Antigas de Zas, unha cita xa consolidada no calend...