Zas-ProxectoRios-14xuño

Adega estrea a súa campaña #SúmateáCorrente cunha xornada de portas abertas na Carballeira de Baio

Esta é unha xornada aberta a toda a veciñanza que se realizará mañá de 10:30 a 13:30 horas

A organización ecoloxista ADEGA celebra os 20 anos dunha das súas iniciativas máis emblemáticas e pioneiras, o Proxecto Ríos, o programa de voluntariado ambiental en ríos con maior implantación e seguimento no territorio galego.

Con motivo deste aniversario, Proxecto Ríos organiza mañá sábado, 14 de xuño, unha xornada de portas abertas organizada coa colaboración do Concello de Zas, para dar a coñecer as actividades que se desenvolven no marco da iniciativa. Esta actividade inaugura a campaña #SúmateáCorrente, impulsada polo proxecto co obxectivo de ampliar a súa base de voluntariado, nun momento no que os ríos nos precisan máis ca nunca.

O evento terá lugar na contorna da Carballeira de Baio entre as 10:30 e as 13:30 horas. Proxecto Ríos chama á participación de toda a veciñanza interesada en coñecer o río Baio desde unha perspectiva diferente e en participar nunha xornada de voluntariado ambiental nun espazo natural. Esta primeira acción da campaña #SúmateáCorrente pretende dar a coñecer o traballo que se desenvolve no Proxecto Ríos e incentivar a participación social na iniciativa. O programa inclúe a recepción do voluntariado na Praza Jorge Mira, unha presentación do proxecto, e unha actividade práctica de inspección e análise da calidade do río de Baio.

Esta actividade conta co financiamento da Deputación da Coruña e co apoio do Concello de Zas. É gratuíta e para participar é necesario anotarse previamente a través de formulario. Dende o Concello de Zas e dende Adega animamos a todas as entidades locais e veciñanza a sumarse á corrente e participar nesta e nas demais actividades desenvolvidas no marco do Proxecto Ríos, que impulsará ao longo deste presente ano numerosos cursos e saídas de formación, bioblitzs (descubertas de biodiversidade), limpezas de ríos, roteiros, e tamén iniciativas de custodia fluvial.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

1 May, 2026
O Concello de Zas pechou o período de inscricións na IX Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose cun resultado histórico, rexistr...
22 April, 2026
O Concello de Zas organiza este sábado, 25 de abril, a presentación do libro ‘As tolas que non o eran. Mulleres no Manicomio de Co...
15 April, 2026
O vindeiro sábado 18 de abril, o Centro Sociocultural de Zas acollerá a presentación do libro ‘Que quede entre nós’, da autora Jos...
10 April, 2026
O Concello de Zas continúa coa súa campaña en defensa dunha sanidade pública digna e de calidade, reclamando solucións urxentes an...
7 April, 2026
O Concello de Zas celebrou o pasado domingo, 5 de abril, a inauguración oficial do renovado Estadio Municipal Platas Reinoso, en B...
2 April, 2026
O Concello de Zas vén de clausurar este mércores, 1 de abril, unha nova edición dos campamentos de Semana Santa, unha iniciativa p...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.