semana-cultural-zas-2024

Achégase unha potente Semana Cultural

Do 5 ao 10 de agosto, o noso municipio será un dos referentes culturais e musicais

Achégase a 39ª Festa da Carballeira (9 e 10 de agosto) e con ela a Semana Cultural que arranca o vindeiro luns, 5 de agosto, para situar ao noso municipio nun dos referentes culturais e musicais de toda a comarca e máis aló.

“Esta é unha programación especial que pon en marha o Concello de Zas con actividades de primeiro nivel e todas de balde”, sinala o Alcalde Zas, Manuel Muíño. A programación contempla obradoiros infantís e para adultos, visitas guiadas, a clásica observación astronómica, exposicións, cinema,… Ademais, durante toda a semana poderase ver no Centro Sociocultural de Zas (en horario de 17:00 a 20:00 horas) unha exposición coas elaboracións do alumnado de cestería, manualidades, bordado e arte floral e restauración e a mostra sobre os XXXIX Anos da Carballeira. Estas son as actividades que temos preparadas:

Luns, 5 de agosto

  • 10:00 horas: Obradoiro de Danza Urbana dirixido ao público infantil. Centro Sociocultural de Zas. É necesario anotarse previamente
  • 17:00 horas: Visita guiada as capelas e fontes das romarías populares. Guiados por Evaristo Domínguez, visitaremos a contorna da Santa Margarita de Muíño, San Roque do Monte e Sna Ramón do Allo. Sairase en autobús dende o Centro Sociocultural de Zas. Para asistir é necesario anotarse previamente en https://bit.ly/Capelas_Fontes
  • 22:30 horas: Observación astronómica dende a tumba do guerreiro Brandomil (Arca da Piosa) con Jorge Mira. Saída ás 22:30 horas dende Santa Sía de Roma. É necesario anotarse previamente en https://bit.ly/ObservaciónAstronómica

Martes, 6 de agosto

  • 12:30 horas: Contacontos infantil co bardo Abelardo que nos trae “A música das árbores”. Centro Sociocultural de Zas
  • 18:00 horas: Obradoiro de “Scrap” para o público adulto. Centro Sociocultural de Zas
  • 18:00 horas: PequeChef, obradoiro de cociña saudable para o público infantil. Centro Sociocultural de Zas
  • 20:00 horas: Presentación da exposición “A Costa da Morte baixo as estrelas”, de Ana García
  • 20:30 horas: Proxección de “LAR”; un documental de soños e recordos producido por AGARESO
  • 22:00 horas: Concerto de Maricarme Trad no campo do río, ao carón da entrada da Carballeira

Mércores, 7 de agosto

  • 10:00 horas: Obradoiro de Danza Urbana dirixido ao público infantil. Centro Sociocultural de Zas
  • 11:30 horas: Inauguración do Encontro Atlántico de Festivais de Cinema nas Torres do Allo. A continuación, ás 12:00 horas, mesa redonda entre cineastas e profesionais do sector
  • 17:00 horas: Visita guiada ás Torres do Allo
  • 18:00 horas: Obradoiro de “Scrap” para o público adulto. Centro Sociocultural de Zas
  • 19:00 horas: Presentación dos Premios Fouciño no marco do Encontro Atlántico de Festivais de Cinema con proxección das pezas escollidas en edicións anteriores. E a continuación, ás 20:30 horas, selección de curtas. Auditorio do Concello
  • 22:00 horas: Cinema ao ar libre “O Corno” na Praza do Concello. Dirixido ao público adulto

Xoves, 8 de agosto

  • 12:30 horas: Contamaxias co Mago Paco no Centro Sociocultural de Zas. Público infantil
  • 18:00 horas: Obradoiro para o público adulto “Borda as túas fotos” no Centro Sociocultural de Zas. Para participar é necesario anotarse previamente
  • 18:00 horas: PequeChef, obradoiro de cociña saudable para o público infantil. Centro Sociocultural de Zas
  • 19:00 horas: “Paxariños”; contabebés coa compañía Trinke Trinke. Centro Sociocultural de Zas
  • 21:00 horas: Monólogo “Quéroche un conto” con Marita Martínez. Centro Sociocultural de Zas

Venres, 9 de agosto

  • 10:00 horas: Obradoiro de Danza Urbana dirixido ao público infantil. Centro Sociocultural de Zas
  • 18:00 horas: Obradoiro para o público adulto “Borda as túas fotos” no Centro Sociocultural de Zas
  • 21:30 horas: Arranca a 39ª Festa da Carballeira coas actuacións de Maneiro, Amparanoia e Rbeliom do inframundo. A festa continúa o sábado durante todo o día con feira de artesanía, exhibición de Marcos Mariño, sesión vemú con mexilloada popular, actividades infantís, unha gran foliada e moita música! 
Comparte en redes

Últimas novas publicadas

23 May, 2026
O Concello de Zas quere poñer en valor o traballo que se desenvolve diariamente na Galiña Azul. Desde o Concello quere trasladarse...
22 May, 2026
O Concello de Zas deu a coñecer o importe da Beca da Filloa 2026, unha axuda de estudos destinada a apoiar a un ou unha estudante ...
19 May, 2026
O Concello de Zas quenta motores para celebrar a IX Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose. Tanto é así, que o Concello acaba d...
17 May, 2026
O Concello de Zas celebrará o vindeiro domingo, 24 de maio, a terceira edición da súa Xornada Canina, unha iniciativa pioneira e ú...
15 May, 2026
Tras unha difícil deliberación con preto de medio cento de propostas, o xurado da Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose elixiu...
14 May, 2026
O Concello de Zas rendeu homenaxe hoxe a Enrique Labarta Pose coincidindo co 101 aniversario do seu falecemento. O alcalde de Zas,...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.