axudas_subvencions_concello_zas

A Deputación da Coruña destina case tres millóns de euros á promoción do tecido cultural asociativo dos concellos

Promocionar a cultura en todo o territorio, afortalar as entidades que traballan desde a base, apoiar os investimentos das asociacións ou contribuír á formación e difusión cultural son algúns dos obxectivos destas axudas

 

Un total de 2.880.000 € é o orzamento que a área de Cultura da Deputación da Coruña destina nesta nova convocatoria a afortalar o tecido cultural asociativo dos concellos a través de seis liñas de concorrencia competitiva as entidades poderán presentar as súas propostas.
Promocionar a cultura en todo o territorio, afortalar as entidades que traballan desde a base, apoiar os investimentos das asociacións ou contribuír á formación e difusión cultural son algúns dos obxectivos das seis liñas de concorrencia competitiva que convoca a área de Cultura da Deputación da Coruña e ás que lles dedica case tres millóns de euros, en total, 2.880.000 €.
“Debuxan un mapa de liñas de axuda que quere responder ás necesidades e urxencias do tecido asociativo e tamén consolidar e apoiar o seu traballo, tan importante para a difusión e promoción da nosa cultura”, sinala o deputado da área de Cultura, Xurxo Souto.

Das seis liñas de axuda, dúas delas van destinadas ás asociacións culturais, unha para a realización de actividades, que se apoia cunha partida de 950.000 €, e outra para investimentos, cunha convocatoria dotada con 300.000 €. As entidades poderán recibir en cada unha das liñas até 30.000 € se son culturas, 20.000€ se son sociais ou asistenciais e 10.000 € se son veciñais ou socieducativas.

As corais polifónicas, bandas de música populares, entidades de música e baile tradicional galego e formacións musicais de grande formato son as beneficiarias doutras dúas convocatorias da área de Cultura da Deputación da Coruña, tamén para o desenvolvemento de actividades do ano e para investimento, cun orzamento de 480.000 € e 200.000 €. “Con estas dúas convocatorias queremos destacar o importantísimo papel que estas agrupacións teñen e contribuír á posta en valor, recuperación e promoción da nosa cultura popular e tradicional”, afirma Xurxo Couto.

Entre as actividades que se apoian están as de carácter formativo, de documentación, investigación recuperación e difusión, produción de espectáculos, libros ou exposicións ou organización de encontros arredor da cultura tradicional e popular en actividades mentres que na liña de investimentos subvenciónase a adquisición de equipamento e moblaxe, as reformas e melloras de inmobles de titularidade das entidades ou a compra de materiais de uso técnico e artístico como vestiario, instrumentos u partituras.

Fundacións e festivais
Completan a oferta de liñas de axuda da Deputación da Coruña para o tecido cultural dúas convocatorias encamiñadas a apoiar a realización de festivais e a fundacións e entidades titulares de museos, centros de interpretacións ou bibliotecas. Para festivais audiovisuais, musicais e de artes escénicas organizados por entidades, a área de Cultura achega neste ano un total de 500.000 euros que, sumando ao que destina a estes eventos promovidos por concellos, volve superar o millón de euros que a sitúan na que máis apoio presta ao que considera verdadeiras plataformas culturais en todo o territorio.
Nesta edición, as entidades poderán recibira un mínimo de 7.500 € e un máximo de 60.000 € nunha convocatoria que apoia a través dos seus requisitos a programación de producións galegas, compañías que empreguen a nosa lingua e artistas que utilicen o galego nas súas cancións. “Para nós é fundamental que os festivais signifiquen un apoio decidido á difusión da cultura galega e na nosa lingua e, por iso, é un dos requisitos que existen en todas as modalidades, que contribúan tamén á normalización do noso idioma e á promoción da nosa cultura”, explica o responsábel de Cultura da Deputación da Coruña.

Finalmente, a Deputación convoca tamén unha liña destinada a fundacións e entidades privadas sen fins de lucro titulares de museos, centros de interpretación ou bibliotecas para as súas actividades culturais durante o ano, liña dotada con 450.000 € que se repartirán en achegas de até 30.000 €.
Entre as finalidades desta liña atópase impulsar a accesibilidade, apoiar a diversidade cultura e lingüística, promover a inclusión, fomentar os proxectos de creación contemporánea en torno ao patrimonio cultural, situar os museos, centros de interpretación, bibliotecas e fundacións como institucións relevantes no turismo cultural, sensibilizar arredor do patrimonio cultural, impulsar o coñecemento do patrimonio histórico-cultural dos concellos ou fomentar o coñecemento dos fitos e dos avances sociais relevantes da nosa historia. 

Entre os programas figuran os seguintes:

– Programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para realizar actividades culturais durante o ano 2020. Máis información no seguinte enclace: https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2020/02/04/2020_0000000753.pdf

– Programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para realizar investimentos culturais durante o ano 2020. Máis información no seguinte enlace: https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2020/02/04/2020_0000000755.pdf

– Programa dirixido a entidades sen ánimo de lucro para a realización de actividades de promoción económica durante o ano 2020. Máis información no seguinte enlace: https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2020/02/03/2020_0000000715.pdf

– Programa FOENIA 2020, dirixido a entidades sen ánimo de lucro da pronvincia da Coruña para investimentos de promoción económica durante o ano 2020. Máis información no seguinte enlace: https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2020/02/04/2020_0000000765.pdf

O prazo de presentación destas axudas está pedendente de publicar e dererminarase no anuncio de publicación da convocatoria destos programas nao BOP da Coruña, a través do Sistema Nacional de Publicación de Subvencións.

As solicitudes presentaranse de xeito telemático na sede electrónica da Deputación da Coruna a través da plataforma SUBTEL.

Por outra parte, as distintas entidades asociativas do Concello de Zas terán unha persoa á súa disposición para axudar a tramitar electrónicamente estas axudas. Para iso hai que inscribirse e unha vez inscrito comunicatase o día que esa persoa estará no concello para atender as dúbidas relacionadas coa tramitación electrónica da plataforma Subtel e coa sede electrónica.

 

Fonte: Deputación da Coruña

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

9 July, 2026
Os alcaldes Cabana de Bergantiños, José Muíño; de Laxe, Francisco Charlín; e de Zas, Manuel Muíño, mantiveron unha reunión co dire...
7 July, 2026
O Concello de Zas iniciou as obras de consolidación da calzada romana de Brandomil, unha nova actuación encamiñada á conservación ...
1 July, 2026
Os concellos de Zas, Laxe e Cabana de Bergantiños veñen de presentar de forma simultánea e coordinada un recurso de reposición con...
26 June, 2026
O Concello de Zas e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos recolleron máis de 1.200 recursos de reposición nos que se solicit...
25 June, 2026
O Concello de Zas presenta a súa programación de actividades para o verán 2026, unha completa oferta de propostas dirixidas a neno...
19 June, 2026
Un total de 124 nenos e nenas participarán nos Campamentos de Verán 2026 organizados polo Concello de Zas, unha cifra que confirma...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.