programa-porta-a-porta-concello-zas

O programa de coidados “Porta a porta” está en Zas os días 16, 17 e 18 de agosto

Faranse revisións gratuítas de audioloxía, podoloxía e estimulación á memoria a todas aquelas persoas maiores de 55 anos que o soliciten previamente

Unha unidade móbil do programa “Porta a Porta” da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia estará os días 16, 17 e 18 de agosto ao carón do Centro Sociocultural de Zas para ofrecer de forma gratuíta consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación á memoria a todos aqueles veciños e veciñas do noso municipio maiores de 55 anos.

As persoas interesadas deben solicitar cita previa en calquera destes números de teléfono: 622 748 283 ou 623 546 992 ou ben a través do enderezo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.

Que servizos se prestan?

  • Audioloxía:
  • Consulta básica de audioloxía
  • Exploración funcional da audición
  • Prevención da perda auditiva
  • Podoloxía:
  • Consulta básica de podoloxía
  • Corte e limpeza de unllas
  • Eliminación de durezas, calosidades e helomas
  • Valoración do estado xeral do pé
  • Estimulación da memoria:
  • Estimulación cognitiva
  • Estimulación funcional
  • Prevención da dependencia mediante hábitos de vida saudables
  • Promoción do Envellecemento activo
Comparte en redes

Últimas novas publicadas

23 May, 2026
O Concello de Zas quere poñer en valor o traballo que se desenvolve diariamente na Galiña Azul. Desde o Concello quere trasladarse...
22 May, 2026
O Concello de Zas deu a coñecer o importe da Beca da Filloa 2026, unha axuda de estudos destinada a apoiar a un ou unha estudante ...
19 May, 2026
O Concello de Zas quenta motores para celebrar a IX Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose. Tanto é así, que o Concello acaba d...
17 May, 2026
O Concello de Zas celebrará o vindeiro domingo, 24 de maio, a terceira edición da súa Xornada Canina, unha iniciativa pioneira e ú...
15 May, 2026
Tras unha difícil deliberación con preto de medio cento de propostas, o xurado da Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose elixiu...
14 May, 2026
O Concello de Zas rendeu homenaxe hoxe a Enrique Labarta Pose coincidindo co 101 aniversario do seu falecemento. O alcalde de Zas,...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.