FOTO ZAS O Concello de Zas abre ao público unha exposición que percorre o universo artístico de Castelao no Centro Sociocultural de Baio

O Concello abre ao público unha exposición que percorre o universo artístico de Castelao no Centro Sociocultural de Baio

O Centro Sociocultural de Baio inaugurou hoxe a exposición ‘Castelao Grafista (facsímile)’, unha importante mostra que afonda na dimensión artística de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e que poderá visitarse ata o vindeiro 26 de decembro.

O acto inaugural contou coa presenza do alcalde de Zas, Manuel Muíño; da coordinadora da Área de Cultura de Afundación, María Teresa Cores; do coordinador institucional de ABANCA, José Manuel Vilariño; do director de Zona de ABANCA, Luis Braulio Álvarez; da directora de Oficina, Inés Casariego; e de Tania Carreira.

A exposición, da man de Afundación Obra Social ABANCA, reúne unha ampla selección de facsímiles, debuxos, caricaturas, retratos, manuscritos e publicacións que permiten coñecer máis polo miúdo a produción gráfica de Castelao.

O alcalde de Zas, Manuel Muíño, destacou a importancia de achegar ao municipio exposicións destas características e agradeceu a colaboración de todas as persoas e entidades que fixeron posible a súa chegada: “É unha satisfacción poder contar en Baio cunha mostra dedicada a unha figura fundamental da nosa cultura como Castelao. Queremos que o Centro Sociocultural siga sendo un espazo de referencia para a actividade cultural da comarca e un lugar onde a veciñanza poida achegarse a propostas de calidade. Agradecemos a Afundación e a ABANCA que fixeran posible que esta exposición chegue a Zas, así como a Tania Carreira, que foi quen realizou as xestións para que puidésemos contar con esta magnífica mostra no noso municipio”.

Pola súa banda, o coordinador institucional de ABANCA, José Manuel Vilariño, sinalou que “para ABANCA é un pracer traer ao rural exposicións coma esta. Para nós é moi importante estar preto do rural desde a parte financeira, pero tamén queremos contribuír desde o ámbito cultural. Para iso apoiámonos en Afundación e por iso podemos contar aquí con esta fantástica exposición de Castelao”.

Para rematar, María Teresa Cores agradeceu “ao alcalde e ao Concello de Zas que nos permitan traer esta exposición ao Centro Sociocultural de Baio”. Ademais, explicou que a mostra forma parte dun proxecto itinerante que busca achegar aos concellos máis pequenos propostas expositivas que habitualmente se estrean nas salas de exposicións das cidades galegas, facendo así máis accesible a oferta cultural a toda a cidadanía.

A mostra pode visitarse de balde no Centro Sociocultural de Baio, de martes a venres, de 15:30 a 20:30 horas, e os sábados, de 10:00 a 14:00 horas.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

17 November, 2026
O Centro Sociocultural de Baio do Concello de Zas acollerá a exposición ‘Castelao Grafista (facsímile)’, unha proposta cultural qu...
16 November, 2026
O Concello de Zas organiza un programa especial de actividades con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da V...
14 November, 2026
As obras de renovación integral da praza do Concello de Zas e das rúas da súa contorna avanzan a bo ritmo, cumprindo co obxectivo ...
6 November, 2026
O histórico Pazo das Torres do Allo volverá ser este outono o epicentro da festa e da tradición na Costa da Morte. O Concello de Z...
5 November, 2026
O Goberno municipal de Zas anuncia a convocatoria de 180 bolsas de axuda ao estudo para o curso 2026/2027. Estas subvencións están...
3 November, 2026
O Concello de Zas resultou beneficiario dunha subvención ao abeiro da Orde do 22 de maio de 2026 para a contratación dunha persoa ...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.