Concello de Zas

O Goberno municipal de Zas anuncia a convocatoria de 180 bolsas de axuda ao estudo para o curso 2026/2027

O Goberno municipal de Zas anuncia a convocatoria de 180 bolsas de axuda ao estudo para o curso 2026/2027. Estas subvencións están dirixidas ao alumnado de Primaria, Secundaria, FP Básica, Bacharelato, Ciclos Formativos e Universidade (agás estudos de posgrao) cuxa unidade familiar estea empadroada no municipio. O seu obxectivo é fomentar a igualdade no acceso á educación e compensar a aquelas familias que, polas súas condicións económicas, presenten maiores dificultades para afrontar os gastos derivados do curso.

Deste xeito, á hora de designar ás persoas beneficiarias, teranse en conta a situación socioeconómica do núcleo familiar, o número de membros que a conforman e os méritos académicos do alumno ou alumna candidato. Excepcionalmente, concederanse bolsas a estudantes repetidores se o contexto económico o xustifica, e poderán darse ata dúas subvencións á mesma familia en casos dunha necesidade urxente.

Esta liña de axudas contará cun investimento total máximo por parte do Concello de Zas de 29.100 euros, que se repartirán do seguinte xeito: 15 bolsas para estudos universitarios por importe de 360 euros cada unha, 31 para estudos de Bacharelato e Ciclo Superior por valor de 180 euros, 68 para estudos de ESO, FP Básica e Ciclo Medio por importe de 150 euros e 66 para estudos de Primaria por valor de 120 euros cada unha.

As solicitudes poderán realizarse de xeito presencial nas dependencias municipais ou a través da sede electrónica do Concello dende hoxe, xoves 5 de novembro, ata o martes 17 de novembro.

Manuel Muíño, alcalde de Zas, asegura que “dende o Concello seguimos comprometidos coa promoción dunha política de benestar social que contribúa a paliar as diferenzas sociais e favorecer a integración no ámbito académico de todos os rapaces e rapazas, independentemente da capacidade económica da súa familia”.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

3 November, 2026
O Concello de Zas resultou beneficiario dunha subvención ao abeiro da Orde do 22 de maio de 2026 para a contratación dunha persoa ...
31 October, 2026
O Concello de Zas contará durante o curso 2026-2027 cunha nova edición do programa ‘Os Ratos de Lonxedetodo’, desenvolvido por Tri...
24 October, 2026
Baio acolle desde onte, xoves 22 de outubro, a sexta edición dos Premios Fouciño, un festival dedicado ao audiovisual galego que e...
18 October, 2026
O Concello de Zas porá o broche final á programación do ciclo ‘Afiando Fouciños’ o vindeiro domingo, 18 de outubro, coa proxección...
9 October, 2026
O Concello de Zas oponse á decisión do Instituto Nacional de Estatística (INE) de fusionar as mesas electorais da parroquia de Muí...
6 October, 2026
O Centro Sociocultural de Baio inaugurou esta fin de semana unha nova tempada de exposicións despois do parón habitual durante os ...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.