IX Trail Fillloa e I Trainning Camp Filloa

O Concello de Zas e Asociación Monte Brondo organizan o I Training Camp como unha das actividades complementarias do IX Trail da Filloa

O I Trainning Camp celebrarase os días 29 e 30 de novembro en Zas cun número limitado de participantes Xa están abertas as inscricións para IX Trail da Filloa que se disputará o 1 de febreiro de 2026

O Concello de Zas e a Asociación Monte Brondo xa teñen en marcha o IX Trail da Filloa que se celebrará o 1 de febreiro de 2026. Coma sempre, as filloas e o noso patrimonio serán os protagonistas deste evento deportivo que “é un dos que teñen un maior número de participantes en toda Galicia e que é todo un referente entre os amantes do trail e das andainas”, sinalou o Alcalde de Zas, Manuel Muíño; durante o acto de presentación do evento que tivo lugar esta mañá no Salón de Plenos da Casa do Concello.

Ao igual que nas últimas edicións, disputaranse cinco probas diferentes que terán todas o pavillón municipal de Zas como o punto de chegada. Alí haberá filloas e caldo para todos os asistentes e coma sempre habilitaranse diferentes zonas de avituallamento no que se poderán degustar as filloas á pedra, un dos manxares máis coñecidos do noso municipio. Estas son as diferentes probas:

  • Trail Longo: 24 quilómetros
  • Trail curto: 18 quilómetros
  • Trailiño: 13 quilómetros
  • Andaina Longa: 20 quilómetros
  • Andaina curta: 12 quilómetros

Todas as saídas serán ás 09:00 horas con percorridos novos, zonas de aquaplanning e subidas ao Monte Brondo e ao Pico de Meda. No caso das Andainas, a maior parte do percorrido discorrerá pola Ruta da Auga combinando así o deporte coa posta en valor do noso patrimonio natural. O Alcalde aproveitou para recordar que é importante anotarse o antes posible xa que o número de prazas en cada unha das probas é limitado co fin de garantir a seguridade de todos/as participantes. As persoas interesadas xa se poden anotar a través da páxina de empa-t.com.

I Trainning Camp da Filloa

Unha das principais novidades desta novena edición do Trail da Filloa é trae unha actividade complementaria: O I Trainning Camp da Filloa, que se celebrará os días 29 e 30 de novembro en Zas no que as persoas participantes (30 prazas) terá a oportunidade de desfrutar deste deporte ampliando coñecementos e técnicas da man de diferentes expertos. 

Durante estas xornadas realizaranse dúas saídas guiadas polos adestradores Rubén Ínsua e Moncho Muíños; unha o sábado e outra o domingo pola mañá. Durante a tarde do sábado haberá diferentes charlas con especialistas en nutrición, podoloxía, fisioterapia e preparación física e tamén haberá un espazo para compartir experiencias que nos chegarán da man dos corredores locais José Manuel Santos e José Antonio Rodríguez, Finishers do Tor des Geants 330.

Hai dúas modalidades de participación; unha de 45€, que inclúe as dúas sesións de trail guiado, asistencia ás charlas, comidas e ceas e na que tamén se ofrece a posibilidade de aloxamento. E outra opción, ten un custe de 10€ para as persoas que só desexen asistir ás diferentes charlas que se celebrarán o sábado á tarde.

As inscricións poden realizarse a través do WhatsApp no número de teléfono 677 11 54 11.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 March, 2026
O Concello de Zas presentou hoxe, sábado 14 de marzo, a programación cultural das Torres do Allo para o ano 2026, unha proposta qu...
14 March, 2026
O Concello de Zas aprobou definitivamente a Relación de Postos de Traballo (RPT) do persoal municipal, un documento clave para a o...
10 March, 2026
O Concello de Zas abre o prazo de inscrición para participar na IX Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”, unha cita cultural...
1 March, 2026
O Concello de Zas organiza un compendio de actividades nos centros educativos da localidade no marco da conmemoración do 8M, Día I...
26 February, 2026
O Centro Sociocultural de Zas acollerá o vindeiro venres, 6 de marzo, a partir das 12:00 h, o presentación da campaña contra a ves...
25 February, 2026
O Centro Sociocultural de Baio acollerá o vindeiro sábado, 28 de febreiro, ás 18:30 h, a inauguración da mostra fotográfica e de p...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.