zas-programa-madrugadores-2025-2026

O programa de Madrugadores continúa a medrar e neste curso atende de forma continuada a 13 nenos/as

Este é un servizo posto en marcha polo Concello de Zas, coa colaboración das ANPAs, que ten como finalidade facilitar a conciliación laboral e familiar da nosa veciñanza

O programa de Madrugadores, posto en marcha polo Concello de Zas coa colaboración das ANPAs, segue a medrar e neste curso académico 2025/2026 fan uso deste servizo de forma continuada un total de 13 nenos e nenas.

Este é o terceiro ano que o Concello de Zas ofrece este servizo no CEIP Labarta Pose e no CPI de Zas e que ten como finalidade facilitar a conciliación laboral e familiar da nosa veciñanza.

As familias poden facer uso deste servizo de forma continuada que se ofrece todos os días lectivos en horario de 07:30 a 09:30 horas. Tamén se pode usar de forma temporal (por meses ou semanas) ou de xeito ocasional (un ou varios días concretos). Para as familias, este servizo ten un custo de 20€/mes, 6€ se se usa só por semanas e de 2€ por días soltos. Hai reduccións para o 2º fillo/a e seguintes e para as familias monoparentais. O resto dos gastos do persoal cualificado que atende a rapazada antes do horario lectivo está financiado polo Concello de Zas.

Últimas novas publicadas

15 March, 2026
O Concello de Zas presentou hoxe, sábado 14 de marzo, a programación cultural das Torres do Allo para o ano 2026, unha proposta qu...
14 March, 2026
O Concello de Zas aprobou definitivamente a Relación de Postos de Traballo (RPT) do persoal municipal, un documento clave para a o...
10 March, 2026
O Concello de Zas abre o prazo de inscrición para participar na IX Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”, unha cita cultural...
1 March, 2026
O Concello de Zas organiza un compendio de actividades nos centros educativos da localidade no marco da conmemoración do 8M, Día I...
26 February, 2026
O Centro Sociocultural de Zas acollerá o vindeiro venres, 6 de marzo, a partir das 12:00 h, o presentación da campaña contra a ves...
25 February, 2026
O Centro Sociocultural de Baio acollerá o vindeiro sábado, 28 de febreiro, ás 18:30 h, a inauguración da mostra fotográfica e de p...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.