V_Trail_Filloa

Todo preparado para o V Trail da Filloa que se disputa mañá

Un total de 1.024 persoas participarán nas diferentes probas non competitivas que se realizarán ao longo da mañá
 

Despois dun ano de parón, o Trail da Filloa volve mañá con máis forza que nunca. Na V edición deste evento deportivo organizado polo Concello de Zas e a Asociación Deportiva Monte Brondo bateranse marcas de participación xa que unha vez pechado o prazo de inscrición hai un total de 1.024 persoas anotadas nas diferentes probas non competitivas que se realizarán ao longo da mañá polos montes de oito parroquias do noso municipio. “En poucos días esgotáronse as prazas do trail longo e do trail curto e no resto das probas cubrironse case o total de dorsais dispoñibles”, sinala David Fernández, da A. D. Monte Brondo.

Unha das grandes novidades desta quinta edición do Trail da Filloa son o Gran Trail de 43 kilómetros e a andaina de 25 kilómetros, dúas probas de alto nivel. Ademais destas disputaranse o trail longo (27 km), o trail curto (17 km) e unha andaina de 12 kilómetros. As saídas faranse de forma escalonada dende a praza do Concello de Zas e o punto de chegada é o pavillón municipal de Zas onde se repartirán filloas á pedra acompañadas de caldo e chourizos entre todos/as os/as participantes. 

Este son os horarios de saída das diferentes probas que se disputan mañá domingo:

  • Gran Trail (43km): saída ás 08:00 horas
  • Trail Longo (27km): saída ás 09:00 horas
  • Trail Curto (17km): saída ás 10:00 horas
  • Andaina 25km: saída ás 09:15 horas
  • Andaina 12km: saída ás 10:05 horas

Deporte e natureza

O deporte e a natureza son dous dos elementos que se misturan neste evento deportivo que xa é toda unha referencia entre os amantes das carreiras e do sendeirismo. Coma sempre, haberá zonas de lama, cordas e pronunciadas subidas e baixadas nas que os corredores deberán aplicar a súa técnica para obter unha das recompensas deste evento: gozar das impresionantes paisaxes que nos ofrecen o Pico de Meda e o Monte Brondo, dous dos puntos máis altos do noso municipio.

Un ano máis dende a organización promóvese o respecto pola natureza e todo o percorrido estará sinalizado con material reusable. Ademais, co fin de minimizar a pegada ambiental os participantes deberán levar o seu propio sistema de hidratación.

Ao igual que se fixo na anterior edición, o Trail da Filloa 2022 ten a súa parte solidaria xa que o gasto que os organizadores destinaban a regalos para os participantes destinarase para unha beca de estudos que se outorgará de forma confidencial en base aos informes do departamento de Servizos Sociais do Concello de Zas. 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

24 October, 2026
Baio acolle desde onte, xoves 22 de outubro, a sexta edición dos Premios Fouciño, un festival dedicado ao audiovisual galego que e...
18 October, 2026
O Concello de Zas porá o broche final á programación do ciclo ‘Afiando Fouciños’ o vindeiro domingo, 18 de outubro, coa proxección...
9 October, 2026
O Concello de Zas oponse á decisión do Instituto Nacional de Estatística (INE) de fusionar as mesas electorais da parroquia de Muí...
6 October, 2026
O Centro Sociocultural de Baio inaugurou esta fin de semana unha nova tempada de exposicións despois do parón habitual durante os ...
1 October, 2026
O ciclo ‘Afiando Fouciños’ continuará este venres 2 de outubro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Zas, cunha nova sesión dedicada ao...
30 September, 2026
O Concello de Zas retoma, despois do parón do verán, a programación de exposicións do Centro Sociocultural de Baio cunha mostra fo...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.