30.12.2021_Presentacion_praza_Baio1

A nova praza de Baio xa é unha realidade

Esta tarde púxose en funcionamento a fonte que preside este espazo público de máis de 6000 m2 dotado con zonas verdes e 75  prazas de estacionamento en pleno casco urbano da vila
 

 

Era unha vella demanda veciñal e despois de varios anos de trámites, a nova praza de Baio é unha realidade. Aínda que a sexta onda nos impide facer unha inauguración como nos gustaría, esta tarde realizouse unha sinxela presentación oficial deste novo espazo para poñelo así a disposición de toda a veciñanza.

Tal e como sinalou o Alcalde de Zas, Manuel Muíño, “hoxe é un gran día tanto para Baio como para todo o Concello de Zas xa que é unha realidade un dos proxectos de maior envergadura dos últimos anos”. Durante a presentación Muíño recordou que o procedemento foi inédito na Costa da Morte debido a que a urbanización desta área fíxose mediante a ocupación dos terreos, en lugar da expropiación que é o máis común, que figuran como adscritos a servizos públicos dentro do PXOM – Plan Xeral de Ordenación Municipal – do Concello de Zas. 

Neste sentido, a construcción deste novo espazo en pleno centro de Baio ten unha dobre finalidade. Dende o punto urbanístico, integra dun xeito armónico unha zona cun gran valor medioambiental e paisaxistico coma o paseo fluvial e a carballeira co entramado urbano. E dende o punto de vista social este espazo naceu como un punto de encontro intexeracional e tamén como un lugar para o disfrute e celebración de diversos eventos tales como as festas da vila, feiras sectoriais e a propia feira de Baio que está previsto facer o traslado nun futuro próximo. 

O seu deseño 

Esta nova infraestructura pública ocupa un espazo de case 6000m2 e está situada en pleno casco urbano de Baio ao carón do paseo fluvial. Deseñouse seguindo as tendencias urbanísticas actuais: 100% accesible, diáfana e sostible. Ao estar catalogados eses terreos coma zona de cauce preferente por Augas de Galicia, deseñouse, en colaboración con este organismo, seguindo unhas características técnicas que permiten a rápida evacuación da auga. A praza propiamente dita ocupa unha superficie de 1500m2, está construída en forma de U, dispón de diverso mobiliario urbano móbil que a delimita e conta cunha fonte de auga de circuito pechado e transitable que se fai máis espectácular á noite debido á súa iluminación. 

Ademais construíuse unha zona de aparcamento gratuíta con capacidade para máis de 75 vehículos e unha vía que da continuidade á rúa Herbais da Ponte. Desta forma mellorouse a seguridade e o tránsito do tráfico rodado e peonil da rúa Herbais da Ponte que agora é de sentido único. As zonas verdes ocupan un total de 500m2.

Todos estes traballos realizados pola empresa Lires Cons e que causaron unha enorme expectación dende o primeiro día executáronse nun tempo de marca; en escasos cinco meses. 

O Concello de Zas investiu un total de 314.988,72€ neste proxecto financiados con fondos propios e sen necesidade de recurrir a ningún préstamo.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

28 July, 2026
O Concello de Zas volverá converter a primeira semana de agosto nunha gran festa da cultura. Entre o 3 e o 7 de agosto, o municipi...
15 July, 2026
UFD Informa: Estimado/a Señor/a Con el fin de efectuar los trabajos de mantenimiento y desarrollo de la red eléctrica precisos ...
9 July, 2026
Os alcaldes Cabana de Bergantiños, José Muíño; de Laxe, Francisco Charlín; e de Zas, Manuel Muíño, mantiveron unha reunión co dire...
7 July, 2026
O Concello de Zas iniciou as obras de consolidación da calzada romana de Brandomil, unha nova actuación encamiñada á conservación ...
1 July, 2026
Os concellos de Zas, Laxe e Cabana de Bergantiños veñen de presentar de forma simultánea e coordinada un recurso de reposición con...
26 June, 2026
O Concello de Zas e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos recolleron máis de 1.200 recursos de reposición nos que se solicit...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.